Ah, sí. Non o meu, claro. Hoxe cúmprense 90 anos dende a Revolución de Outubro, que como todos sabedes, tivo lugar en realidade en Novembro (cousas do calendario Xuliano...).
Pensara nun anaco do 'Outubro' de Eisenstein, que voltarei a ver ritualmente dentro duns minutos. Mais creo que resulta algo máis inmediato colar a 'escea da Internacional' da película 'Reds' (1981, Warren Beatty), na que se narran as aventuras de John Reed no país dos Soviets.
Pensara nun anaco do 'Outubro' de Eisenstein, que voltarei a ver ritualmente dentro duns minutos. Mais creo que resulta algo máis inmediato colar a 'escea da Internacional' da película 'Reds' (1981, Warren Beatty), na que se narran as aventuras de John Reed no país dos Soviets.
A ver se dunha destas acertamos, oh...
8 comentários:
Vaites, vaites...
Camarada Fravernero, ben sabes que se non fose pola miñas imposicións abstémicas, tomaría de boa gana un Porto contigo en conmemoración.
Xa vexo que todos collíchedes o costume de usurpar o meu 'vaites, vaites' estes días...
Ah, aprezado Leopold, o de camarada quédame grande. E sí, tomaría de boa gaña un Porto, e algo máis ca un Porto, pra conmemorar. Unha aperta a papá oso da miña parte.
Querido Fra,
desde o vello corazón medieval de París (Saint Paul, onde o facho de Molière aínda dá luz) mando unha aperta e a ver se si... a ver se si...
e non esquezas que a revolución comeza sempre por un mesmo...
Bicos,
N.
p.s.: "le soleil est rare et le bonheur aussi"
Non foi a única 'revolución' de 1917:http://en.wikipedia.org/wiki/Fountain_(Duchamp), e, en todo caso, tampouco foi a única que acabou da maneira na que a que vostede conmemora acabou:http://www.galeriaestampa.com/cms/archives/000824.html.
A realidade imita á arte (ou algo parecido).
Benvido, can. Son túas as fotomontaxes da páxina? Están moi ben, a verdade...
Sobre 'a outra revolución' sempre me gusta ler, falar e escribir. A case sempre imposíbel conxunción da vangarda política e estética... anque o paralelismo paréceme moi apropiado. Despois de todo, a Vangarda, nun contexto de capitalismo consolidado e triunfante, convértese nos anos 50-60 no establishment. Canonizada, clasicizada, emblema do mundo libre fronte aos horrores do realismo socialista, e atada ao carro triunfal do mercado...
Súmome (con certo escepticismo, todo hai que dicilo) a ese desexo final.
Apertas.
Vamos lá comemorar com um Porto, ou um Madeira?
Vaia, é voçê de Madeira? Muito bom! Tenho muitos amigos de Madeira travalhando em Inglaterra...
Ámbolos dous vinhos, em vermelho, prestam bem...
Raposo, dubido que me gañes en escepticismo, oh... a utopía é sempre muller fuxitiva...
Enviar um comentário