domingo, dezembro 09, 2007

Anacos de Esloveno

Non, non é que intentase aprender de novo outra exótica língua do leste de Europa. É que xa puiden ver as dúas películas de Slavoj Žižek ('Žižek!' e 'A pervert's guide do cinema'), e apetecíame meter algún dos fragmentos teórico-humorísticos que transcribín. Nun principio pensei en quedar con algúns dos seus excursos (con ilustración fílmica) das tres instancias da psyche freudiá (baixo unha inscripción do tipo 'Psicoanálise for dummies'), mais para incluír as dúas películas, e deixar a porta aberta a futuras entradas, ide facendo castelos con esta morea de osos...

(por certo, que xa que os transcribín, consideróme xustificado en ser preguiceiro e non ter, amais, que traducir. Se algún ten problemas coa nova língua latina, que me avise...)

[Zizek está a comentar a película ‘Persona’ de Ingmar Bergman. Este anaco de texto intercálase coa famosa escea na que Bibi Anderson lle conta a Liv Ulmann a historia dunha pequena orxía na praia que tivera lugar uns anos atrás.]

Women, at least in our standard, phallogocentric mood of sexuality, even when we are doing it with the real woman, we are effectively doing it with our fantasy. Woman is reduced to a masturbatory prop. Woman arouses us in so far as she enters our fantasy frame. With women, it’s different. The true enjoyment is not in doing it, but in telling about it afterwards. Of course, women do enjoy sex immediately. But I hope I am permitted as a man to propose a daring hypothesis: that maybe, while they are doing it, they already enact or incorporate this minimal narrative distance. So that they are already observing themselves and narrativising it.

[Zizek está a mirar noticia e foto que saen
del nun xornal argentino despois dunha charla na universidade. O titular é: ‘George Soros me recuerda a los chocolates laxantes’]

Can I ask you a simple question? If you were to have a daughter, would you allow this guy (sinalando a súa foto) to take your daughter to cinema? Be honest, the answer is ‘no’. I hate the way I appear. In some documents, it’s even worse. It’s really as a kind of a criminal that I appear, you know...

[Zizek está na súa casa, explicando porqué ten un cartaz con Stalin enriba do telefonillo...]

Often, friends tell me: ‘But why do you provoke people unnecessarily? Why don’t you simply say what you mean? That, of course, you are against fascism, bad, blablabla’. I tell them yes, this is good, as an abstract theoretical -not even theoretical- intellectual, whatever, statement. But it doesn’t work like that. For example, concerning Stalinism. My God! I’ve probably written more about Stalinism, about its most horrible aspects, then most of the people who reproach me with Stalinism. And that’s my wager here. That sorry, the only way to get the message; if you say, of course, I am against fascism, there are just some attitudes which were traditionally even more to the left but fascism appropiated them blablabla, I think it doesn’t have the desired precise political effect. It enables the liberal consensus to reappropiate it. You must say it with this excess.

[Zizek está a respostar unha pregunta sobre a súa popularidade. No medio, intercalouse unha pregunta que lle fixera unha derridiá en Columbia sobre o seu 'dogmatismo lacanián', á que resposta airado conque eles son igual de dogmáticos, pero con Derrida. 'I am a card-carrying Lacanian!'. Logo, ven a explicar porqué se dedica a facer o show e o paiaso...]

I think that I admit it: there is a clownish aspect to me, like they put it in the New York Times (Marx brother or whatever, no?), all that, and I may flirt with it. But nonetheless, I am getting tired of it, because I noticed that there is, as it were, when there are some stupid reports on me, reactions to me..., a kind of a terrible urge, compulsion, to make me appear as a kind of a funny man, and so on and so on. And the true question should be: 'Where does this urge come from?' 'Why is there this necessity to portray me as someone who can only thrive through jokes and so on and so on..., and even my publishers buy it (...). So, you know?, it is much more then it may appear what is going on here. It is quite a complex phenomenon. I am almost tempted to say that making me popular is a resistance against taking me serious.

6 comentários:

Nébeda Piñeiro Barros disse...

bo traballo. noraboa ;)


un bico grande.

Anónimo disse...

Hai oh, e os que non temos un inglés perfecto qué?
:P
Saúdos!

Arale Norimaki disse...

Menudo traballinho pasou sr.Fra...e logo non estan os transcripts pola aranheira? Cando menos aqui ten parte do da Pervert's guide, anque suponho que lle chega tarde.

Lembrome tomando notas entre risos na escuridade dunha das salas do festival Posible, onde vin Zizek! e amais de tentar seguirlle o fio ao seu sonoro ingles me preguntaba maliciosamente sobre a frecuencia coa que Mr.Zizek se empoaba a nariz con moleculas estimulantes...

Anónimo disse...

De certo que o Zizek é un tipo moi interesante...

Anónimo disse...

Parodiando a Buñuel, 'o discreto encanto da filosofía'.
Onte fun escoitar+ver a Vattimo ó CGAC. O home viña falar de arte (un ciclo de conferencias baixo o título pomposo de 'Reticencias e perplexidades' organizado por Antón Bahamonde, que agora está en todas partes).
Vattimo non dixo moito, pero -ó caso-resultou seductor coa súa maneira de falr español, coa súa naturalidade un tanto naif para construir o discurso, coas súas bromas particulares, etc. É probable que, a pesar de los pesares, non sexa doado evitar caer dalgún xeito no territorio do espectáculo (espectáculo incluso Debord).
Esto non sei se ten que ver co pensamento débil ou con Zizek ou con Chiquito de la Calzada.

FraVernero disse...

Vaia... Vattimo escapouseme outra vez. Mecachis! Co fetichismo que teño eu por ver/escoitar persoas das que lín un libro...

Anque en realidade creo que é a primeira, porque ao final non puidera ir (nin eu nin el) ás Xornadas de Filosofía da Aula Castelao...

Nembargante, certo é que Gianni tampouco é que sexa un dos primeiras espadas, mal que lle pese a Sir Gawain. E pra mín engade pouco ao que xa foi dito por outros. Nalgunhas cousas, parece un intento cómico de repetir a Pasolini, anque sen cine. Lembro (xa o comentei nalgún outro comentario) unha entrevista que lle fixeran na primeira, e lembro tamén o seu desventurado amor non correspondido por un gogó de discoteca (a carne é triste, xa se sabe).