O Suprematismo abriu novas posibilidades para o arte creativo, xa que debido ao seu abandono da mal chamada "consideración práctica", agora podemos transportar ao espazo o sentimento plástico que se reflexa no lenzo. O artista (o pintor) non está xa cinguido e limitado ao lenzo (o plano pictórico), e pode trasladar as súas composicións do lenzo ao espazo.
quinta-feira, janeiro 17, 2008
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
4 comentários:
PEQUENA NOTA BOLCHEVIQUE
E ben, xa que estamos a ilustrar pintura marxista, non estaría desencamiñado que adiantase exemplo e explicación de dúas páxinas que non sei se engadir ao links internacionais, mais que alomenos comentarei eiquí. Dun lado, o site do PCE (marxista-leninista), do outro o do PCE (r). Non, amigos, non é que me voltase stalinista-maoista-hohxista (alomenos, o meu amigo e sovietólogo Deivids dí que por aí andan as citadas organizacións), mais teñen cousas interesantes nas súas seccións artísticas.
Así, na do PCE m-l (http://www.pceml.info/Cultura/index.php) hai un ronsel de pelis soviéticas que podedes ver, e no principal, unha película italiana sobre Antonio Gramsci e a súa estadía na cadea. No facho grapeiro (http://www.antorcha.org/) ide á sección 'literatura' para topar textos e paveras biografías tinxidas dun humor negro ao que tantos rendementos lle saco...
Eis Malevitch, ou Malevitx cando mais pude ver del. Lembro terme papado todo o video coa reconstrucción da "primeira opera futurista", Victoria sobre o Sol, e os seus debuxos para as personaxes, fora un dia memorable...
Graciñas polos links, habera que curiosear, logo.
...e isto é baixo os efeitos da gripe, ou na convalecência...hehehe...recupera-te bem; muitas bafatadas de alcolitro e vinho com mel...
E... por que se me daría a min por pensar en Kandinsky ao ver esta súa entrada??
Cajiná... hei de facer que mo miren, non vaia ser que teña cultura ou algo contaxioso...
Enviar um comentário