domingo, abril 27, 2008

A Morte de Marat

7 comentários:

Anónimo disse...

unha vez escribín un dos poucos versos dos que me sinto orgulloso sobre esa imaxe... grazas por regresar tras un ben prolongado silencio e traer todos os trastos vellos que os coñecidos de sempre aprezamos tanto (asiduos aínda que non sempre deixemos notas no libro de sinaturas)... pronto á beira da Seine... to be continued...

si, si, xa che estou escoitando, Charlotte Corday, filla de sete lobas, etc, etc. e sen embargo ela tamén podía ser a pálida Glenda Jackson e lucía ben enton, non é?

escoitando a Brian Eno...

FraVernero disse...

Ah, Noelorrincus... bo verche por eiquí...

Máis que á beira do Sena, enriba do Sena, polo que me temo...

Sempre tiven debilidade por esta estampa. Incluso antes de entendela, cando como rapaz friki e lector impenitente pasaba as páxinas da Crónica da Humanidade a pescuda de estampas de Historia e Mitoloxía.
(en aras da xustiza, dicir que o desacougo da imaxe era compartido co 'Festín de Baltasar' de Rembrandt e cun Pantocrátor con Apóstolos do Códice Gero -c. 969-).
Non es alleo, amais, a que este texto visual me ten inspirado algunha cousa miña, alén da enorme satisfacción ante o artista bo e xusto, a promesa sempre adiada. O David Xacobino facendo festivais e a Pietá baixo a que se reunían os meus heroes da Convención, a formular a Liberdade por decreto, que 'chegara como unha tormenta' (verbas de St. Just), e o tronzar de aristocráticas cabeleiras. Nese París que vou visitar, e que non garda o cadro (a Restauración considerouno amoral, igual que ao seu pintor, e remataron os dous en Bruxelas, creo).

Tamén certos discursos de Peter Weiss, no Marat-Sade. Adoro dous en particular do Marat ficcional, que algún día colgarei eiquí...

Rabino disse...

O corpo exangüe e luminoso de Marat, dixera alguén.

Agárdaseche en Paris. No lugar onde Marat imprimiu L'ami du Peuple, segundo di unha placa, está agora a... glups, Maison da Catalogne!

FraVernero disse...

Monsieur de La Loyre? es ti? Transmutado en Rabino Compostelán? Dando cursos de judezmo? Non creo que tiveramos moitos por eiquí, anque me apuntaría a unha procesión cos rolos da Torah...

Por suposto, o París que máis me emocionará ver será o dos escenarios da Gran Revolución -tamén os das pequenas- e da Comuna...

Rabino disse...

Hahaha non o dubidaba. Pero has de saber que o noso lugar de reunión, noite tras noite, desde o que bifurcar o curso das veladas -ao restaurante xaponés, ao cineclube- é á sombra da estatua de Dantón. Si, de Dantón, e se me preguntas onde está a estatua de Robespierre non cho sabería dicir...
En canto ao das clases de ladino, todo responde a un período, a certa asignatura que tivemos no segundo semestre do ano pasado e que sir Gawain recordará... (O blog non chegou a ter nin un só post)

Anónimo disse...

Si, talmente a estatua de Dantón... rabino non minte...

rabino, certa clase do segundo semestre pasado?... no llames al diablo...

Büchner era un home avanzado ó seu tempo e por iso amaba a Danton, coido. Tamén o eran Berg e Hofmannsthal coas súas putitas sifilíticas e as súas amantes... todo era tan, tan, tan... mittleuropeo?

E volvendo ás obsesións de Fra Vernero poderíamos incluso sumar a este cadro a fotografía de Fanny Kaplan para crear unha constelación do mal uterino que remataría nalgunha fantasía sobre sacerdotisas que castran a bravos intelectuais...

non é?

FraVernero disse...

Fantasía? Pesadelo, máis ben...

:P