Dado o meu gusto polos títulos equívocos, xa suporíades que non vou falar do 'Criticón' de Gracián (un libro e un autor que admiro moitísimo), deixando a xuizosa e cortesá filosofía para o outono da varonil idade desta bitácora. As crises do conceptista serven de adro para unha breve reflexión do Mantedor sobre a crise actual (digo breve, dentro das miñas proverbiais limitacións para a síntese, dado que o formato blogueiro acorda mal coas reflexións longas, e adora imaxes e aforismos).
Seguramente é algo temperán para facer xuízos sobre a situación; máxime cando os medios informativos cultivaron un discurso de pánico apocalíptico ("unha crise peor que a do 29" dicían varios titulares) que aínda está por ver se se cumpre. De todos xeitos, as masivas intervencións bancarias por parte dos estados e as reconversións de coñecidos políticos liberais ao discurso neo-keynesián do capitalismo intervencionista soan bastante serias. É hora do pranto e rinchar de dentes para os profetas do (neo)liberalismo (alomenos, ata que a economía volte ao rego do ascenso, cando os seus cantos de serea voltarán coa mesma brusquedade coa que hoxe son desterrados); aqueles que levaban 20 anos vivindo das rendas da certeza autocompracente afrontan agora o que para eles é o 'comunismo' (vid. Friedrich Hayek, The Road to Serfdom) e totalitarismo inevitábeis ao que levan toda regulación rigorosa do mercado.
Evidentemente (a risco de resultar eu mesmo o autocompracente agora), a crise non é ningunha sorpresa para aqueles que, aínda dentro dunha cosmovisión marxista do social e económico, seguíamos á espreita desas rupturas masivas entre valor de uso e valor de cambio que o sistema capitalista non é quen de evitar a longo prazo. E iso é algo que ningunha regulamentación do sistema vai a poder solucionar: igual que na traxedia grega, na lóxica mesma da circulación do Capital e na dobre face da mercadoría está inscrita a crise e o repregamento. Mais iso é algo que podedes topar mellor explicado nos libros de Marx, e non no meu resumo-vulgata.
Mais falando do verdadeiramente tráxico, éo para mín o feito de que a crise colleu á esquerda totalmente desarmada e incapaz de resposta algunha eficaz, e nos variados foros que opinaron sobre o presente, a unanimidade esquerda-dereita sobre o pouco que esta crise pon en perigo a organización económica actual da sociedade resultaba abraiante. Aínda no remol do ano 89 (xa choveron 20 anos daquela, mais parece que as reciclaxes do pensamento levan moito tempo), a esquerda segue atrapada nunha dicotomía insatisfactoria: a dos que chamaremos 'Nostálxicos', ou 'Moradores do Monte Medulio', que ignoran a realidade e os serios problemas (económicos, políticos, intelectuais) aos que dera lugar o Socialismo Real e se limitan a certa dogmática marxinalidade e culto estático da teoría crítica impresa (outras opcións: aferrarse ao restos do naufraxio, xa sexa máis -Corea- ou menos -Cuba- panóptico, ou agardar, coma as Testemuñas de Xeová, que o Dies Irae do Proletariado estexa en realidade á volta da esquina -hoxe cea no Liñares, mañá Revolución!), e a dos que se renderon honorábelmente (a inmensa maioría: tamén alcumados 'Esquerda Post-Moderna', ou -con menos simpatía- os 'Vendidos'), convencidos de que a queda do Muro demostraba definitivamente a imposibilidade de toda alternativa ao Capitalismo e á actual organización económica, coa única opción de crear un 'capitalismo con rostro humano' (á inversa dos checos do 68) e das terceiras vías (non entre socialismo e capitalismo, evidentemente, senón entre capitalismo keynesiano e libre mercado salvaxe).
Parece que aínda non temos saída do pozo nen luz ao final do tunel, malia que un quixera rematar cunha nota optimista. O discurso anti-globalizador e a micropolítica posmoderna dos Dereitos e dos Outros xa teñen sido fustigadas con razón (-instrumental, ou sen ela!-; neste caso, entre múltiples referencias, vid. Slavoj Zizek, que tamén comentou recentemente, e moi ben, sobre a crise e as eleccións nos EEUU). A nova crítica acabará por xurdir, agardamos (o noso deber é estar traballando nela nestes mismos intres), e debera poder recoñecer claramante ao marxismo clásico como a súa tradición e o seu antecesor máis inmediato, anque libre de ataduras. Namentras, remataremos cun chiste:
Trala caída do socialismo, un obreiro de a pé ponse a increpar a un antigo apparatchik do Partido. "Ah, canalla! Todo o que nos dicíades do Socialismo non eran máis ca mentiras!". O apparatchik, azorado, resposta: "Iso non é o peor. O peor é que todo o que vos dicíamos do Capitalismo eran verdade!".

8 comentários:
eu intento ter todo máis ou menos compensado, aínda que poden pasar días sen que faga ningunha das catro cousas. Será cuestión de training, que din.
Moi bo eso da verdade do Capitalismo. Apertas
O chiste ese saía na peli de Fernando León, Los lunes al sol, precisamente en boca dun obreiro do leste que remata en Vigo.
Sen ánimo de darmas de intelectual revolucionario, penso que o importante non é ter un modelo pechado sobre o que analizar o actual mundo neoliberal e trazar un futuro novo (chámalle socialista ou como queiras), porque non temos agora esa capacidade.
Hai que ser prácticos e buscar simplemente un programa común: 3 ou 4 puntos nos que se poidan poñer distintas persoas de acodo, 3 ou 4 puntos que entenda a xente da rúa, "Juan Pueblo", que dirían os españois: nacionalizar parte da banca e restrinxir as transaccións financeiras internacionais, boas condicións laborais e salariais, protección do medio ambiente, etc.
Moi interesante a túa aportación, Principe Albino, anque teño que discrepar, claro é...
A idea da mera acción práctica (praxe sen teoría) ven viciada para mín dende o ponto de vista de que nos subordina xa a priori á lóxica dominante e discursiva do Capital e do seu consenso actual. Se nos limitamos tan só a buscar puntos de consenso e ciframos toda a nosa meta no retorno (ou agudización) do capitalismo keynesián, renunciamos á oportunidade que fornece toda crise: a de desenmascarar que este sistema non funciona, que xerará novas crises e que é necesario formular a teoría e praxe da súa sustitución como necesidade.
En época de recuperación e bonanza, tal teoría resulta inútil, xa que o Sistema parece (parecía) o único posíbel e funcional. Se non somos quen de crear un novo relato e lectura de saída da Crise, o Sistema creará o(s) seu(s). Xa o intenta actualmente: a crise non sería culpa 'do capitalismo' senón de 'excesos' (ignorando que o capitalismo é precisamente o exceso, a revolución permanente, a autodeconstrucción e disolución contíinua en aras do aumento do Capital). Non esquezamos a onde levou o fracaso da esquerda en artellar e diseminar unha resposta á crise do 29: non foi só, nen maioritariamente, o New Deal, senón o Fascismo.
Todo o dito non vai á contra (nen moitísimo menos: antes ao contrario) das exixencias prácticas que propós, e que defendo (na nosa curta vida, incluso un keynesianismo acelerado representa un cambio e un xiro á esquerda sen precedentes), mais para mín faise igual ou máis necesario o artellamento discurso e a crítica científica ao Capitalismo e a imprescindíbel elaboración de alternativas reais ao Mercado e ao Capital como espazos intocábeis (o que Zizek chama a 'politización da economía). Se algo bo sacamos da crise, debera ser alomenos iso.
Interesante debate.
Explícome: Os bolcheviques ofrecíalles aos rusos a fin da guerra imperialista. Aos campesiños o reparto da terra; aos obreiros o control das factorías. Non lles vendeu unha ideoloxía, nin un modo de enteder o mundo, nin lles prometeu alcanzar de golpe o paraíso comunista. A eso me refiro. Hai que ofrecer algo que poida chegar á xente. Se non, é dar voltas no vacío.
O que está claro e que estamos nun momento no que se poden facer propostas que antes non se facían. Hai que aproveitalo. O que dicían os de Attac, eses "tolos antiglobalización" sobre taxar os movementos especulativos internacionais de capital financeiro parece máis razonable que nunca, parece incluso ridiculamente fácil. Aplíquese pois.
Pouco a pouco farase o camiño. Nunha entrevista en Tempos Novos dicían que o neoliberalismo é como un cubo de Rubik desordenado, non se reordena de golpe, hai que ir movendo as pezas até facelas encaixar.
Por certo, non hai que confundir Mercado con Neoliberalismo. Eu estou moi de acordo con Jospin, que dixo que o mercado pode ser un bo escravo pero é un mal amo. Lástima que nin Jospin nin calquera outro teñan marxe para aplicar iso até as últimas consecuencias no mundo occidental desenvolvido.
C'est bien. Parece que nos entendemos mellor lo, Príncipe de Imrryr...
Totalmente dacordo en que o discurso-consigna, aquel no que se negocia e se artella a política inmediata e real, o espazo ideolóxico no que se forxa a hexemonía, ten que ser, evidentemente, 'práctico' e conectado coas necesidades e problemas percibidas pola xente de a pé.
Todo o cal non quita -ou debera quitar- dun grandísimo perigo a evitar, que é a eterna trampa do reformismo. Ante a posibilidade de conquistar por estes días elementos e conquistas reais da esquerda, perder de vista que o noso obxectivo e deber é a destrucción deste sistema, e que a lóxica das melloras é arma de dobre fío, que afianza e reforza ao sistema. Niso collo ao Zizek común (acábame de chegar un libro de Mao con prólogo del e que ataca isto seriamente): o que cre na reforma, diga o que diga, renuncia á Revolución.
É por iso que sinto a necesidade de insistir en que nos temos que por as pilas e ir formulando a crítica (máis ou menos) científica e alternativa ao Actual. O risco senón é traballar cos fragmentos e restos que -consiente ou inconscientemente- entretezamos nós e as masas con elementos da ideoloxía dominante (uns elementos que se coidarán moi moito de problematizar o sistema en sí, en vez dos seus presuntos 'excesos').
Toda revolución, ben o sabes, ten moito de salto ao baleiro. É hora de ir preparando o salto. Pena que se me den tan mal os números, oh... Anque non é nada que quizaves unha boa equipa multidisciplinar non sexa quen de resolver...
E que eu teño un punto reformista-socialdemócrata. Xa se sabe, ninguén é perfecto...
Enviar um comentário