Do mesmo xeito que sigo nas miñas trece polo que toca ao libro electrónico, debo recoñecer que a Rede de Redes abriu enormes posibilidades no que toca á adquisición de libros tradicionais de papel. Neste eido as ventaxas para os que poidan lidiar coa língua inglesa son inmensas, e de feito levaron a que o 80 por cento dos libros que merco na actualidade sigan a estela das ondas virtuais.
Postos a navegar as ribeiras do lago da fada electricidade, varios son os portais desde os que podedes atopar volumes que evitan as librerías galaicas. Os que máis emprego eu son:
-Amazon: auténtica 'multinacional' do libro, inclúe un catálogo amplísimo de volumes a prezos moi económicos e sobre case tódolos temas imaxinábeis. Alén das opcións de 'primeira man', tamén conta con links a outros vendedores dos mesmos productos (novos ou vellos), moitas veces rebaixados. Aliás, os comentarios e reseñas axudan a navegar entre diferentes opcións do mesmo producto.
O Amazon que máis emprego é o de Estados Unidos, xa que os prezos soen ser máis baratos que o do anglosaxón, máis cercano (as taxas de cambio do euro co dólar axudan moito tamén). Os libros tardan arredor de 21 días en chegar polo correo 'barato' (unha semana dende o portal inglés).
-Abebooks: este xa é un portal específico para libros de segunda man, e foi o primeiro espazo de e-commerce ao que acudín. É especialmente bo para volumes vellos e descatalogados, os prezos son moi económicos e os gastos de envío soen ser menores aínda que os do portal anterior (case nunca pasan de 15 dólares, arredor de 10 euros; en comparanza, os envíos de paquetes equivalentes por correos ascende á frioleira de 36 billetes, facendo o e-commerce da península co exterior unha imposibilidade práctica).
-Ebay: esta é unha casa de subastas, anque moitas veces tamén permite opcións de compra directa do producto, ou de facerlle unha oferta máis barata ao seu posuídor. É o portal que menos emprego dos tres, e nembargantes tamén é moi útil ás veces para libros moi concretos que non atopas nos demais enderezos.
Mais alá destes focos, hai outras tendas menores que é oportuno visitar de cando en vez, para ver se ofertan os mesmos libros un chisco máis baratos (nesa pescuda, google é o teu amigo). Para os tomos en español, o equivalente na península sería o portal da Casa del Libro, mais non quedei moi satisfeito cos seus servizos, nen os recomendo agás que o que busques só o teñan eles (son lentos, non avisan se o libro encargado está ou non en stock -neste caso fanche agardar ata que llo traen da editora- e a maioría do que teñen telo tamén nas librerías de Santiago).

4 comentários:
En bruto:
-Libros mercados en Amazon dende o 2005: 71
-id., en Amazon.co.uk: 12
-id., en Abebooks: 10
-id., en Ebay: 3
-id., en Casa del Libro: 1
O que mais me gusta é o elefantiño no andel dos libros :)
Vaia, estás feito un experto. Monta ti unha librería virtual, home. Por certo, non dis nada de Andel Virtual? :))
Ramón
Ah, cabrito...
Estou en ascuas agora coa miña primeira subasta 'real' en ebay (os 3 libros que pillei alí ate o de agora foron compras directas, ou case -ebay tamén ten diso).
De Andel mellor non falar... hahaha
Enviar um comentário