sábado, março 06, 2010

Outra tarta...

Ou máis ben debéramos falar neste caso de 'Pastel', ou quizaves de 'Pan doce'. Déixase a gusto dos lectores. Este leva xenxibre e uvas pasas ben picadiños no interior, como se aprezará no corte transversal...

Unha pérola ao respeito da miña moza: 'Se fose escritora podería escribir un relato arredor dun pasteleiro marxista: fai doces para os ricos mentres agarda pola revolución!'.

4 comentários:

Unknown disse...

Leva froitos secos? Na Arxentina chamaríase "budín". Saudos, pasteleiro!!

FraVernero disse...

Boas, don Florentino. Pois algo leva, si: améndoas picadas. Eu son moi de noces tamén, mais desta volta non adubiei con elas o 'budín'. Unha aperta!

Anónimo disse...

Dios, que sabias palabras as da túa moza!! Acertou de cheo. Alguén tiña que dicircho, cabrón con pintas; hipócrita corrupto do abecedario capital.
Non podo vivir sen ti, conde.

Ramón

Raposo disse...

Parece que lle diu pola repostería.
Lémbrome dunhas orellas que ía sortear vostede, tiempo ha: poderíame informar como acabou a cousa?