sexta-feira, setembro 17, 2010

Sindicalizame... lévame contigo

Estaba a cavilar estes días en meterme nun sindicato, agora que xa pasei a través da crisálida das oposicións de parásito social a bolboreta traballadora; mais non dou atopado ningún que me satisfaga. Isto pódese deber a varias razóns, incluíndo o forte adoutrinamento anti-sindical aos que nos está someter a ideoloxía dominante, ata o grado de que calla incluso nun marxista levemente dogmático. As manías propias e os erros reais tamén terán algo que ver, de todas maneiras...

Os requisitos cos que contaría o meu sindicato ideal serían (e seguramente nesa orde):

1) Que funcione. Ou sexa, que defenda os meus intereses eficazmente, a capa e espada; que me manteña informado de todo o que necesito saber (cursos, papeleos, prazos, ameazas...).

2) Que lle dea caña aos interinos, e rexeite sistemas de colocación enchufistas, amorais e apoltronados.

3) Que poida ter unha mínima empatía ideolóxica cos meus principios (marxismo, nacionalismo, etc...).

Acéptanse suxerencias!

4 comentários:

SurOeste disse...

Benvido á decepción.

Leopold Bloom disse...

O sindicatos funcionan coma xestorías, TODOS, sen excepcións, hai certas simboloxías que perduran, totalmente fosilizados, por iso de gardar as apariencias. CCOO e UXT apestan (MOITO. E por outra banda, son os principais responsabéis de desmantelar o sistema de oposicións a educación primaria e secundaria ( incluída a CiGA) favorecendo os interinos. Non teñen criterio ni ideoloxía.

Unknown disse...

Eu rebentaría ás moreas de liberados sindicais que hai por alí. Que eses liberados fagan algo, que sexan advogados estudando a lei e mordendo como ten que ser.

FraVernero disse...

Pois parece que me leron (o blog, ou o pensamento), que nos últimos días, non paro de recibir propaganda sindical. Ou máis ben leron o DOGA...