sábado, junho 18, 2005

Benvidos a Camelot



We're Knights of the Round Table. We dance whene'er we're able. We do routines and chorus scenes With footwork impeccable. We dine well here in Camelot. We eat ham and jam and spam a lot. We're Knights of the Round Table. Our shows are formidable, But many times we're given rhymes That are quite unsingable. We're opera mad in Camelot. We sing from the diaphragm a lot.
Monty Python - Os cabaleiros da Táboa Cadrada





Dende o alto das torres do castelo, un rebumbio de trompetas anuncia a vosa chegada.
Máis sonidos se xuntan á polifonía cando as reixas enferruxadas -vellas de séculos- se erguen lentamente, mentres baixa a ponte levadiza -estrondo da madeira ao caer-. Logo os cascos do teu cabalo retumban sobre as pedras do pavimento.
Mudan os sons agora: berro de corvos e badaladas ecoan na praza rebosante. No centro, un traidor encadeado. Nas gradas, El-Rei e malia corte comtemplan hieráticamente mentres un batallón de soldados escolta ao preso torre arriba, onde será aforcado cos propios ferros que o custiodian.
O sonido das cadeas caendo... Un pescozo rompe.
Deixamos as fantasmagorías sanguiñentas do Macbeth visualizado por Polanski e pasamos ás de Almereyda. Noutra torre máis moderna -cemento e cristal- un Hamlet posmoderno e ensanguentado dispara sobre Kyle MacLachlan: "I can no more. The king, the king´s to blame".
¿Torre da Derrota?
As imaxes xa non nos afectan. E o cisne de Avon colousenos no cadro prerrafaelista da nosa Idade Media. Mais se buscamos gore, velaiquí que polas portas do Castelo entras agora como Cabaleiro Verde o día de Nadal, armado de xigantesca albarda. Adiántase desafiante fronte aos paladíns artúricos e reta ao máis valente a cortarlle a cabeza dunha tallada. Gawain colle a machada das túas mans, sopésaa: a folla cae, tronza o teu pescozo. Érgueste e, coa cabeza debaixo do brazo, emplazas a Gawain a que reciba, dentro dun ano, o golpe que lle corresponda: 'Loke, Gawan, þou be grayþe to go as þou hettez, And layte as lelly til þou me, lude, fynde, As þou hatz hette in þis halle, herande þise kny3tes; To þe grene chapel þou chose, I charge þe, to fotte Such a dunt as þou hatz dalt -- disserued þou habbez To be 3ederly 3olden on Nw 3eres morn. Þe kny3t of þe grene chapel men knowen me mony; Forþi me for to fynde if þou fraystez, faylez þou neuer. Þerfore com, oþer recreaunt be calde þe behoues.'
Mais por hoxe xa temos sangue dabonda.
Benvidos a Camelot!




3 comentários:

seneschalkay disse...

Boas, rapaces.
Para aqueles (os mais) que non teñan coñecementos de inglés medio, o fragmentiño do 'Sir Gawain e o cabaleiro verde' ven a dicir o seguinte, máis ou menos:
'Prepárate, Gawain, a cumprir o prometido; búscame fielmente ata atoparme, meu bo cabaleiro, como aquí xurastes na presencia destes cabaleiros. Ven á Capela Verde, e non dubides que alí recibirás un golpe coma este. Porque en xustiza gañáchelo o día de Aninovo. Como o Cabaleiro da Capela Verde son coñecido para moitos. Búscame, pois, e como tal atoparasme. Non deixes de facelo. Do contrario, pasarás por un covarde'.

polonius disse...

Canto te admiro Manolo, tes que darme unhas leccións de inglés medio.

seneschalkay disse...

Aínda a risco de que isto quede terriblemente onanista entre nós, teño que dicir que non son digno das túas admiracións, meu rei. Máis ben ao revés. Unha aperta á mente máis intelixente de filoloxía.
Sorte co curso de sánscrito