quarta-feira, dezembro 28, 2005

Aprenda vostede Ithkuil

Un non é moi adepto ás línguas artificiais. As naturais xa contan con suficiente complicación para aprendelas, e postos a aprender, mellor unha á que acompañe unha boa literatura (máis que a lingüística, o que me interesa da miña carreira). Nembargantes, ás veces atópanse cousas curiosas navegando pola rede.
Unha delas é a língua Ithkuil, creada polo lingüista norteamericano John Quijada entre 1978 e 2004. Dun nivel de complexidade endemoniado, o seu autor pretende demostrar con ela como podería funcionar unha língua capaz de transmitir enormes cantidades de información lingüística empregando menos e máis pequenas palabras que as línguas naturais.
Pero non pensedes que se trata simplemente de escribir e falar menos. Se aceptamos algúns aspectos alomenos da hipótese Sapir-Whorf (para os que vos sone a chinés esta teoría podedes mirar aquí), e supoñendo que pode haber algunha relación entre velocidade do pensamento humano e do acto de fala, esta língua, segundo Stanislav Kozlovsky permitiríalle a un falante nativo pensar cinco veces máis rápido que a unha persoa normal.
O Ithkuil tamén conta cun sistema de escrita propio: o Içtaîl, influído nos seus cambios de caracteres pola escrita etíope e brahmí, e no seu deseño visual polo Klingon e o Hebreo.



A min estame a parecer unha língua preciosa, estéticamente estimulante, anque terríbelmente difícil. Mentres sigo tentando asimilar a súa fonoloxía, remítovos se estades interesados á súa gramática online.

9 comentários:

Anónimo disse...

Estou fascinado con esta páxina...

FraVernero disse...

Ben visto, meu señor de La Loire:

Tí que lidiaches duramente co sánscrito e co chinés, entre outras linguas, e´de supoñer que estarías interesado nestes vicios segredos meus de filólogo... xD

Tres frases sobre o Ithkuil arrincadas dos foros da rede (a miña favorita é a primeira):

Ithkuil is essentially an unending phonetic and grammatical nightmare which attempts to combine all the world's natlangs together into one big stew of unlearnability and unspeakability.
--Trebor Jung

Ithkuil is essentially bad Katanda spoken by Techians, written in Klingon letters drawn with a ruler.
--Jörg Rhiemeier

Ithkuil is essentially Chechen as spoken by a Welshman raised by bilingual Chinese-speaking parents, which is recorded and then replayed backwards.
--Michael Gerardi

Anónimo disse...

SIGO VIVO...

EXILIADO E INCOMUNICADO PERO VIVO...

ENVIEI CORREO...

LEDE...

MANOLIÑO, NON TE FAGAS FILÓLOGO, PER CARITA'...

Laurindinha disse...

Paréceme interesantísimo ese aspecto de acelerar o pensamento humano, mais, apeteceríame sobre todo que tamén houbese tempo para rectificar e correxirse un mentalmente antes de falar...
Por outra banda, eu non estudei filoloxía por aspectos lingüísticos, mais o que é a literatura... totalmente de acordo contigo.

Feliz Ano Fravernero!!!

FraVernero disse...

Benvida por esta casa, Satine:
Certamente, hai miradas que matan... E a linguaxe xestual tende ás veces a ser máis elocuente que a outra. Ao parecer, a vós, as mulleres, dásevos moito mellor. Cando eu loito cpor descifrar eses xeroglíficos sufro máis ca co Ithkuil... xD
Nembargantes, creo que co meu resumo se perde o valor desta lingua; máis que minimalista, é profundamente elocuente, levando ao máximo as capacidades expresivas da lingua nun marco lóxico...
LAURANDINHA, vexo que a filoloxía extende as súas poutas ata pola blogosfera... xD Vaite a saber se non coindimos por Santiago sen coñecernos milleiros de veces...

eue disse...

Isto éche un niño de filólogos! [Aquí outro.]
Nunca considerara a cuestión da escolla lingüística dende este prisma. Seguro que Menéndez Pidal nos convencía de que o castelán é máis perfecto ca o Ithkuill.
Eu tiven que facer Filoloxía Galega para que me interesase a lingüística.
Son moi gustante deste blog

FraVernero disse...

Boas, Eue. Alédome que che agrade esta miña pequena cousa...
...anque máis que niño de filólogos, diría de filólogas. Como lembrarás, na facultade deben de superarnos 3 a 1 (un porcentaxe que creo se repite, máis ou menos, na blogosfera). Un pregúntase onde están todos eses homes, que parece só aparecen para ...fastidiar (ocórreseme outra cousa, nos seus dous sentidos, pero sexamos ben falados).
Anque dubido que nen sequera don Ramón (ou buscando máis ranciedade, Menéndez Pelayo) puidesen convencernos das virtudes da língua do Imperio...

FraVernero disse...

¡Ben volta, Flor de Lis! Xa me tardaba ver á miña flor favorita...
Igual que, canda na primavera, funde a neve e a Tundra, unha terra chá e sen árbores énchese dun tapiz de pequenas plantas: musgos, líquens e mapoulas árticas, de cor amarelo, así tralas festas agroma novamente esta flor de luz na bitácora.
¿Ou sexa que andas a voltas co I-Ching? Interesante... Na biblioteca da Serra só temos o Tao-te-King... Xa intercambiaremos impresións...

FraVernero disse...

Víchesme onte, flor de lis?
Pois é posíbel. Malia que estes días ando pola Serra de Outes, onte quedei cuns amigos que botan este curso de erasmus en Bologna (voltaron pola Nadal)e cos que fun comer, cear, ao cine (a última de Woody Allen, que está moi ben, por certo), saír un pouco, almorzar hoxe pola mañá. E tamén, por suposto, o máis importante: asaltando librerías.
O misterio agora é, se me viches, ¿como me recoñeceche? Vou a ter que tomar un curso acelarado do I-Ching, polo que vexo... xD