sábado, dezembro 10, 2005

Foucault: Vixiar e Castigar

Quizaves hoxe nos avergoñen as nosas prisións. O século XIX sentíase orgulloso das fortalezas que construía nos límites e ás veces no corazón das cidades. Encantáballe esta nova benignidade que reemprazaba aos patíbulos. Marabillábase de non castigar xa os corpos e de saber corrixir daí en diante as almas. Aqueles muros, aqueles ferrollos, aquelas celas figuraban unha verdadeira empresa de ortopedia social.

Aos que rouban, encarcéraseos; aos que violan, encarcéraos; aos que matan tamén. ¿De onde ven esa estraña práctica e o curioso proxecto de pechar para corrixir que traen consigo os Códigos Penais da época moderna? ¿Unha vella herdanza das mazmorras da Idade Media? Máis ben unha tecnoloxía nova: o desenrolo, do século XVI ao XIX, dun verdadeiro conxunto de procedementos para dividir as zonas, controlar, medir, encauzar aos individuos e facelos á vez "dóciles e útiles". Vixiancia, exercicios, maniobras, calificacións, rangos e lugares, clasificacións, exames, rexistros, un xeito de someter os corpos, de dominar as multiplicidades humanas e de manipula-las forzas, desenrolouse no curso dos séculos clásicos, nos hospitais, no exército, nas escolas, nos colexios e nos talleres: a disciplina. O século XIX inventou, sen dúbida, as liberdades; pero deulles un subsolo profundo e sólido: a sociedade disciplinaria da que seguimos dependendo.





Para os interesados, o argumento prosegue (máis e mellor) no libro "Vixiar e Castigar" de Michel Foucault.

8 comentários:

Anónimo disse...

... Sir Gawain, quero dicir, apostila...

... alégrome de que Manolo se abandonase a sua francofilia (ese virus que rilla as suas adentras e que o fai ser, ainda asi e todo, elemento sospeitoso entre o maoismo de rancio abolengo e por moitos anos siga asi)...

... algo dixeches Manolo en resposta a unha minha entrada no teu anterior post que merece que me detenha un pouco sobre un particular determinado... veremos a ver se Foucault e Deleuze estan presentes en Mecanicas celestes ou non... non todo é o que parece Zacharias...

... por agora direi so unha cousa (ou un par): alguén lle dicia o intelectual interpretado por Francesco Barilli en "Prima della rivoluzione" de Bertolucci, ainda hoxe o seu mellor filme para o meu gusto (nota persoal: ah, ainda sonho con eses vestidos de corte recto e ese peinado de neurotica milanesa, esa cinica zia Gina que era Adriana Asti; definitivamente algunha xente ten mais sorte que outra), algo do tipo de: aqui remata a vida e comeza a supervivencia...

... algo asi poderia dicir eu con respecto a min mesmo e a minha posicion intelectual (e creo que con respecto a mais xente)...

... divirteme a adhesion de determinadas personalidades do sistema cultural galego a certas orientacions marxistoides do posestructuralismo francés, sobre todo tendo en conta que esas adhesions se fan coa destra mentres coa sinistra seguimos a pontificar sobre Sartre, Mao (e outras unidireccionalidades de taberna dignas de El viejo topo ou algunha desas pseudopaletadas) e practicamos un rexistro de comunicacion que Banniard denominaba (nun ambito ben distinto, e me dou perfecta conta do que escribo) VERTICAL...

... (ainda que Deleuze reconheceria sempre a débeda da sua xeracion con Sartre, hai unha distancia decisiva entre o galocentrismo e a perspectiva da dubida e da tension como método)...

... se algo aprendin de Deleuze (ainda que tamén das "Mytyhologies", que convirten o ideal de pensamento que me proponho apuntar minimisimamente nunha auténtica formula retorica) é que nunca é iso, senon o outro...

... quere isto dicir que Mecanicas celestes (nunha linha analoga ainda que sempre persoal e por tanto enriquecedoramente diversa atrévome a dicir que andan David Souto ou Javier Patinho, se non fose asi, sempre poden matizalo) aprendeu de Deleuze qué significa a subversion...

... e ainda conseguiu non fixarse nun lugar esperable da subversion: a adhesion o modernismo de Mecanicas é unha mascara que me permite desconcertar o lector e xogando a periferia interrogar as suas categorias de lectura (a nivel xeocultural, isto é, politico e de consumo en si mesmo considerado), modestamente...

... neste senso falou David Souto no seu impecable texto de apertura da presentacion do libro na galeria Sargadelos de Compostela, asi temos falado ti e mais eu nalgun momento...

... revolucion permanente quere dicir non abandono o nihilimo da fin da historia: a nosa politica non desoe necesariamente a micropolitica deleuziana (ainda que os teus reparos con respecto a ela son rancios porque esperas en van que os obreiros da Renault ergan barricadas en Paris, tampouco creo que os tiros tenhan que ir necesariamente por ai), pero nos (ti tamén, este blog no que escribo é a proba) afirmamos a resistencia textual, a infiltracion...

... nos non navegar... a travesia non nos interesa e que os que vaian nela se adiquen a preguntarse a qué hora se toma o caldo limpo na raia seca...

Vixiando... (e castigando)... dixen,

N.

Anónimo disse...

... esqueciame, bicos panopticos para Zacharias, tio Pepin e todos os amigos que vaian pasando por aqui...

... sobre todo para tio Pepin porque se algun dia souben quen era Michel Foucault e me acheguei como quen contempla xuntos todos os tesoros de alibaba o texto sobre Velazquez de "Les mots et les choses" e logo o resto do volume foi precisamente por el...

... ah... et quels amours...

Anónimo disse...

Sir Gawain, ando a voltas co Deleuze sobre Bacon e estou feito un ídem (desfeito): acabo de perder 10.000 euros do Caixanova. Agradezo que manifeste casualmente neste intre os seus arrumacos verbais. Síntome coma un Sade nos cárceres de Piranesi, xogando coa boneca de Bellmer para darlle saída a tanta rabia. ¡FraVernero, osixéneme con algún outro sicomoro!

SurOeste disse...

Ai pero pobriño tío Pepín. O Caixanova para outro máis feo, pero mellor situado, ¡mellor!, no sistema. Ante todo que ninguén poña en dúbida as regras do xogo (iso pódevos situar directamente fóra do sistema). Quel horreur! Veña tío, bríndeme aí polo señor López.

Anónimo disse...

Non te preocupes polo Caixanova, xa sabes como son os consagrados. Ser un renegado ten este tipo de privacions (exactamente, sabes que ser un renegado vale exactamente 10000 euros)... eu creo que me presentei so a primeira edicion e visto o bacallao que se cortaba... En fin, minimo pero aprezable consolo, os poetas David Souto Alcalde e Javier Patinho (mi scusi a ortografia, monsieur Loire) venhen de ser premio e accesit respectivamente do ultimo premio Faustino Rey Romero... tal fenomeno demostra que os premios obedecen a loxica da inversion. Non creo que haxa nada en xogo nesta constatacion e sen embargo foi unha grande ledicia para min esta minima luz nun sistema cultural sombrio e bestia. A eles pola sua luz, grazas (os do xurado ou ben estaban borrachos ou ben non sabian moi ben onde se estaban metendo).

Onte a indecentes horas botaban en Rai tre unha grabacion das leccions universitarias de Deleuze, interesantes ainda que deberia reflexionar sobre a componhente de dilatacion teatral dos argumentos: un notable espectaculo en calquera caso. (Hai certa xente que intenta facer certas cousas similares en Galicia, en fin..., lamentablemente son do pouco decente que hai e ben me doe dicilo.)

Pepin, deixoche con Bacon (recordo agora que levamos anos vendo na TVG unha version mutiladisima de L'ultimo tango a Parigi), coas suas pantasmas (Blake, o papa Inocencio X), cos seus corpos despois da batalla... e mandoche animos de corazon porque tu lo vales (recorda a Teresa de Avila: "nada te turbe, nada te espante, Dios no se mude, la paciencia todo lo alcanza").

a presto...

FraVernero disse...

Unha cousa curiosa: ¿sabíades que aínda non existe unha traducción íntegra ao inglés de Folie et déraison?. Ao parecer, estan a traballar niso, e sairá en Routledge o 31 de Marzo do 2006...
Nembargantes, en lingua castelá xa temos a ventaxa do Fondo de Cultura Económica (¡beizón de editorial! Dela xa teño 'O Capital' de Marx e a 'Mediterranée' de Braudel), en dous volumes de 500 páxinas que (agardo) deben ser o texto completo.
A ver se o encargo agora para Nadal...

Anónimo disse...

Zacharias,

non serei pesado pero acabas de tocar un tema do que son un apaixonado: é mais moitas veces tratei de escribir notas mentais para un ensaio sobre a polémica Derrida-Foucault en torno o problema das dificiles relacions entre cogito e loucura coa base da celebérrima hipotese do xenio maligno das Méditations philosophiques...

(recoméndoche vivamente e recomendo a todos, se non a conheces ou se non a conhecedes, esta entrada e por favor non a botes o cesto do lixo como as outras, ti prego, paga a pena...

http://personales.ciudad.com.ar/Derrida/foucault_goldschmit.htm).

Paradoxos do destino, eu non tinha a Histoire de la folie ata vir a Italia; constato que a edicion que merquei (da BUR) é mais barata que a propia edicion francesa de Gallimard (9 euros fronte a 13).

Que non exista en inglés sorpréndeme e non. Que unha casa de certo pedigri rojillo (Eagleton, Jameson, Said e outros) como Routledge non tivera unha traduccion xa dunha texto hoxe tan canonico é raro. Que o mundo anglosaxon (polarizado entre a oxoniana resistencia férrea a teoria e o derridianismo, non so da Ecole de Yale, senon tamén dos postcoloniais) se lle escapasen certas cousas de Foucault non me sorprende...

Penso que Foucault ten mais de profeta na sua terra do que Derrida e mentres as reedicions en francés do primeiro son vertixinosas (quen diria que Les mots et les choses, libro brillante pero complexo onde os haxa, foi éxito editorial no seu momento? - fenomeno polo demais analogo o éxito dos filmes de Antonioni no seu momento, que ninguén entendia e ninguén entende porque se carece dunha verdadeira educacion visual), o segundo é moito mais seguido no mercado anglosaxon e editado (sobre todo en EUA). (Quen queira pode consultar en interné cantas edicions de "De la grammatologie", un clasico do pensamento occidental, mal que lles pese a moitos, hai en francés e cantas traduccions o inglés...)

Bicos ainda panopticos...

N.

FraVernero disse...

Boas de novo...
apostila miña: a cousa tampouco é tan 'así'. Quero dicir, é certo que non hai unha traducción ÍNTEGRA do texto foucaultián ao inglés, pero sí hai unha, máis resumida (creo que a partir dunha edición feita polo propio autor) que co título de "Madness and Civilization" sí que está dispoñíbel nas librarías.
Colaches mal o link. Para os interesados, mirade aquí:

http://personales.ciudad.com.ar/Derrida/foucault.htm

O texto tenme moi boa pinta, pero vou agardar, obviamente, a ter tragado (en Nadal) a Folie e dèraison. Que agardo que sexa completa (dous tomiños de 500 páxinas deberían selo, pero como esa colección do FCE leva o significativo título de 'breviarios'...).
Tarde verche, cabrito...