quinta-feira, março 08, 2007

Paul Klee - Morte e Lume

2 comentários:

Anónimo disse...

Versus Mondrian?

FraVernero disse...

Non se me ocorrera esa analoxía ou contraste que propós... ámbolos dous son gratos ao meu padal como leite e mel (silvestre). Sería quizaves tópico imaxinar a Mondrian coma o racionalista, modernista implacábel e lecorbusierián das liñas puras e formas xeométricas de cores básicas fronte á explosión lírica, surrealista, emotivo-subxetivista do Klee...
2 pautas de entrada: a primeira, é un bon complemento aos dous obituarios que lle seguen. O mesmo Klee pintou este cadro poucos meses antes de morrer, coa Morte Presentida. A máscara branca de sorriso sardónico conecta coa forte tradición de 'Danzas da Morte' e imaxes desta nos edificios públicos e igrexas gotizantes de Alemaña (incluíndo unha vidreira contemporánea da que disfrutei moito e que tivemos oportunidade de ver nunha igrexa de Lubeca).
Doutra, e por irónico contraste, lembro que o Pater Patriae, o irmao Daniel que tanto coincide comigo no gusto polos Flamencos deixara unha breve nota no seu diario de 1920, dicindo que os debuxos de Klee os podía facer mellor o seu fillo, e que os adultos non deberían portarse coma nenos (unha opinión impropia dun pintor).