sexta-feira, maio 25, 2007

Poemas e Prolegómenos

Prometera doblete, e velaiquí o tedes. Onte adiquei un anaco da tarde a buscar Palabra no tempo, de María Mariño -a do fermoso nome aliterativo e Día das Letras Galegas este ano-, un libro no que me constaba que había un prólogo introductor de Ramón Otero Pedrayo. A USC só conta con dous exemplares (o de filoloxía, emprestado), polo que encamiñei os pasos á Xeral; alí puiden disfrutar, tralo encuadernamento recente, da primeira edición do libro (1963, número 1 da coleucion Tesos Cumes, deseño da portada do xenial Raimundo Patiño), ao tempo que saquei, con papel e lapis, os seguintes anacos do adro e dos versos que vos poño a continuación:

Foi María Mariño Carou boa e entranabre alumna dos ares da sua ribeira noiesa. Flor de fariña dos rodicios do mar suas areas, xustillo sedán de mociña de moito porqué suas terras, un doce rendimento da reza montana ás gracias e e mimos da mariña suas formas dondas e gravemente armoñosas, como feitas de encadeados ecos...
Despoixa -xa vai pra moitas agromadas- rubiu ó Caurel... Semella seu rubir unha anabasis de primaveira ou no propio esprito a pelerinaxe ás fontes. Todos os homes téimano algunha vez comprir. I é comprida en moitos. Na eisprencia de María Mariño Carou siñifica millor a volta á pátrea e ó fogar. ¿Non será cada verdadeira poesía un nostos, unha volta?... E niste vieiro de pensamento chegaremos cecais si somos bos e calados leentes á revelación de unha intimidade impresioante do ego da escritora cas cousas, de un desvelamento e senso tráxico do ser e do tempo na serra.

"................ ....
Hoxe,
noite do meu contento!"

Un grimo diante o futuro, unha vivencia de saudades de alén Collen fondura de Letheos, espellos de enxergares de afogados, os recordos onde os serans

"ollan con luz d'aurora"

as badeladas, os tres pontes de Noia... Por riba dos arcos dos días vai cara o morrer e arelanza. Pro a intelixencia non perdeo o seu gosto especulativo e xurde na sinxela poesía a pregunta, unha das preguntas eixes da Metafísica. ¿e despóis?

Pode ser o mesmo moi de muller de sinxelo degoirar e de poeta o senso do tempo dende logo tráxico, como o enteirarse dun esquema pra cada un, ou cecais pro mundo. En troques -iste contraste quer decir pra nós unha táboa pra pasar o riacho- a serra, O Caurel decraran unha ceibeza, unha liberación do tempo. Como nises invernos de neboeira inzada nos vales e raioso locir nos outos. Non prantexa María Mariño, a do doce nome tinxido de solpores de adeuses en froumas de navíos, ningunha premisa. Pro alenta, deixando ás costas un raxado mundo canso e valeiro, no máis achegdo [sic] a mudeza do ser nas aparencias, do sotilizarse dos velos de Maya. O Caurel agardaba por unha nova profesión no silencio, na agarda, na valencia de cada intre de luar, do albre murcho, do sol, no durmir do pan enmedado nos eirados...

**********

Zoa na carballeira
algo que non é o vento.
Abren suas sombras as áas.
O da chegada é o tempo.

Póusase a anduriña
na corta onda do cuco.
Todo o camiño é do carro.
Tende o pastor o caiado
ó longo baile do fuso.

9 comentários:

Anónimo disse...

Un poema excelente e uns fragmentos de prólogo realmente perspicaces...

Como lles di na serie Family Guy o can a Peter e os seus amigos despois de decidir montar un grupo de música tras interpretar "Journey" nun karaoke...

"Que un grupo de paletos borrachos os hayan aplaudido en un bar no quiere decir que estéis preparados para montar un grupo de música."

E creo que iso é o que penso sobre o día das letras galegas.

Lucía disse...

Necesito comentarte algo que no tiene nada que ver con esta entrada. Ayer, cuando me fui a la cama, tremendamente cansada, empecé a pensar en la tortura de la que me hablaste (la de estar en una celda donde sólo puedes estar de pie) y me agobié de tal forma que tardé un siglo en dormirme.
Te parecerá bonito, ¿eh?
Y menos mal que no me acordé del vídeo de la gargante. Ouf.

Anónimo disse...

Eu case preferiría non dicir nada (por outro lado o que vou dicir é case o mesmo) pero non me reprimo e quero propoñer o problema seguinte:
1- Homenaxear a un/ha escritor/a que morrera hai máis de dez anos.
2- Homenaxear en vida (sempre se fai cando a alguén lle quedan quince días de vida ou algo así).
3- Non homenaxear en ningún caso.

Solución: que o que quere escribir escriba e que, se consigue qiue alguén o edite, que o que queira ler lea. A partir dese triángulo escaleno que lle dean a todo polo q.

SurOeste disse...

QUE LLE DEAN A TODO POLO QUE???

Laurindinha disse...

Que bonita e elegante a prosa de Otero... sempre con ese regusto a augardente con guindas, rumor de liño de Cambrai ou mosteiro antigo (como o de Samos, que visitamos as Laurindinhas hai pouco... vaia aventura no seu interior!)...
María Mariño ten o seu aquel, sobre todo cando desestrutura a linguaxe para expresar mellor iso que chaman "intimismo radical"... pero teño que confesar que este ano estou aburridísma dela! Só oír o seu nome e xa me asolaga un aburrimento soporífero! (vaia herexías que estou dicindo...)
Por certo, que envexa me dás no teu percorrido polas bibliotecas... Como boto de menos ter a man unha biblioteca universitaria!

Anónimo disse...

Hai días que un di cousas que outros días non diría. Peor aínda hai un 'eu' que ás veces di cousas que os outros 'eu' non dirían. O caso é que non sei que días ou que 'eu'...

Anónimo disse...

Tío Pepín está necesitando unha dose de vitamina blancomourelle bastante rápida porque estáseme aplatanando e convertindo nun rajado...

Ai, Jalisco no te rajeeeeeees!

Anónimo disse...

Sir Gawain, podería ser en supositorios (a ranchera, digo)?
Pero non, non é rajado a palabra, aplatanado si (dende aquel primeiro TVU con Nico é inevitable). Sigo defendendo que o triángulo escaleno ó que me refería é o fundamental e, se me apuras, incluso o simplificaría a un triángulo obsceno con só dous catetos e sen hipotenusa (cateto-escritor e cateto-lector). Pero insisto en que realmente preferiría non dicir nada (oh, sweet nuthing).

p.s.: descubrín verso e medio de Bolaño no que se condensa toda a miña filosofía poética: "...Simplemente / aguardando a alguien o algo sobre las ruinas." Para contrarrestar esa desazón mortifícome coa France Gall de 'Les Sucettes' (perverso Gainsbourg).
Abrazos e, a cobro revertido, agardo ese complexo vitamínico.

SurOeste disse...

O tío Pepín e sir Gawain están iniciando unha bonita historia sen hipotenusa.