quinta-feira, junho 14, 2007

Gustav Klimt / Friso Beethoven


Gústanme moito Gustav Klimt e o Sezessionsstil vienés. Eis un anaco do 'Friso Beethoven' que acompañou, na decimocuarta exibición da escola, a unha estatua do Compositor feita por Max Klinger.
No friso representanse moitas cousas, mais a sección que nos interesa hoxe é a que figura ás Forzas Inimigas do artista: as tres gorgonas, fillas do xigante Tifón, e detrás, a enfermidade, a loucura e a morte. O ser goriliforme que aparece no medio é o mesmo Tifón. Á súa dereita, a voluptuosidade, a impudicia e a intemperancia (que son a tríada de mulleres da imaxe superior -morbosos e decadentes detallistas podedes inspecionalas nesta imaxe).
Para ter unha vista de conxunto do panel descrito, ollade eiquí.
Noutra táboa tedes ao home na pescuda da felicidade, tema no que aparece un cabaleiro inspirado segundo os críticos en Gustav Mahler, un compositor tamén moi da miña predilección...

18 comentários:

Javier Patiño Loira disse...

A figura da intemperancia lémbrame voluptuosamente a algunhas mulleres desta facultade, tan xenerosas no repartir á vista dos ollos o que fora máis propio do derradeiro círculo do inferno, entre os xeos de Lucifer. Se a lo menos levasen eses ouros fulmíneos

tío Pepin disse...

Vexo que se me está bandeando entre a iconoloxía panofskiana e o divanismo freudiano (por non falar do mahlerismo-viscontismo alfonsoguerrista). Eu non digo nada, considero que Klimt é dono dun estilo propio moi efectista. Prefiro a Schiele, un Klimt menos sofisticado, aínda que para todo hai días (momentos). O que si é curioso, ámbolos dous pintores fórono fundamentalmente do corpo, do corpo sobre todo feminino e, será xa de tan reproducidos, cada vez paréceme máis fermosa a súa (as súas) pintura de paisaxes. Deliciosas paisaxes.

Varela disse...

¡Aaaah, bastardo fascista!

Seguimos agardando ese interesante artigo que tes preparado sobre o Antonio Ozores galo: Louis de Funès, o rei da mueca.

FraVernero disse...

Ben, meu señor de La Loyre, vexo que segue vostede disfrutando dos frescores do Cocito dantesco... Canto a demos, e malia a miña admiración cega polo florentino, ben sabes que prefiro ao demo de Milton... E canto ás donas da facultade, de todo topa un, como en botica.

Uncle Joe atácanos con razón dende unha periferia máis refinada, quizaves, e menos burdamente seductora (mais xa sabe vostede do enorme efecto que ten a beleza demasiado evidente sobre o mantedor!). Un ama os estremos radicais e, fustigado pro Sir Gawain, fuxe do evidente. Quizais as fermosuras de Klimt perderon hoxe o seu poder de obscenidade que escandalizou á súa época, mais eu disfruto con el...
Meteremos un día algo de Schiele anque só sexa para afagalo a vostede.
Varela, do de Funes lembro ter buscado desesperado unha película que merecería tódolos razzies habidos e por haber, na que se enfrontaba a uns extraterrestres (creo) e había moito excremento polo medio. Sempre Helena e a adega de Auerbach, peidos recendentes a rosa, Mefistófeles espido e feo xunto co 'eterno feminino / que turra de nós cara o alto'.

Sir Gawain disse...

Escribirei máis adiante máis detidamente sobre o tema, pero aproveito (como alcalde vuestro que soy) para solidarizarme con Mr. Varela Pet e para situarme equidistante entre o chapeu afiado do tío Pepín e o ponche de ron quente de Zacharias.

p.s.: pensando onte con Davitz, our mutual friend, é impresionante a cantidade de grandes discos que sairon en 1967:

- The Velvet Underground & Nico

- Nefertiti (Miles Davis)

- Sargent Peeper's Lonely Hearts Club Band (The Beatles)

- John Wesley Harding (Bob Dylan)

- Forever Changes (Love)

- Something Else by the Kinks (The Kinks)

- Disraeli Gears (Cream)

- Are You Experienced? (Jimi Hendrix)

- The Who Sell Out (The Who)

- Buffalo Springfield (Buffalo Springfield)

- Strange Days (The Doors)

- Between the Buttons (The Rolling Stones)

- Safe as Milk (Captain Beefheart)

- The Piper at the Gates of Dawn (Pink Floyd)

- Mellow Yellow (Donovan)

- Winds of Change (Eric Burdon & The Animals)

- The Greatful Dead (The Greatful Dead)

p.s.: como coleccionista de chorradas agradecería que se alguén pensa nun que se me escapa me informase. Pero téñase en conta que non esquezo que os meus amadísimos Beach Boys realizan o "Smiley Smile" mentre queda aparcado aquel xenial "Smile" e que morre sen que fose esperado o xigante Trane.

O Breogán de Gáidil disse...

Sempre impresionante Klimt. Supoño que xa a verías, pero se non avisado quedas da película de Raoul Ruíz sobre este pintor, con John Malkovich como Klimt. É bastante rara, pero igual che fai (ou fixo) gracia.

tío Pepin disse...

Sir Gawain, oféndeme que non teñas en conta o marabilloso primeiro disco dos meus idolatrados (teño varios dos seus vinilos -si, vinilos- coma un neno/a entre algodóns) Procol Harum. Mon dieu, o 'Homburg' son palabras maiores, por non falar do máis que archiversioneado 'A whiter shade of pale'.
Vou poñerlle de penitencia unha lectura das obras completas de Pérez Galdós e de postre a visión ralentizada de 'Condemor de la pradera'.

SurOeste disse...

Estades todos "nominados" para campeonato de frikis.

tío Pepin disse...

Fiki? E eu reprimíndome! Pois xa que si, agora lembro que unha das máis fermosas versións que se fixeron do tema estrela dos Procol Harum foi a que cantaron en español os 'Pop Tops', aqueles do 'Mamy Blue', os que tiñan un cantante negro de portentosa voz. Con aquel tema e aquela voz e aqueles cutres 'guateques'...

Scardanelli disse...

Outro máis dos grandes para a lista: Country Joe and the Fish - "Electric Music for the Mind and Body", e do mesmo ano "I feel like I'm fixing to die".

Dous anos despois tocarían na mítica edición de Woodstock

Sir Gawain disse...

Perdon a Fra Vernero por desviar a atención do tema proposto (só quería introducir unha nota para compartir co bo de Davitz para cando volvera ó seu desterro marxistón nas afastadas terras do norte)...

Non sabería mediar nunha disputatio Klimt e Schiele máis que remitindo ás propias manías e ós indiscutibles encantos dos protagonistas do debate: Fra Vernero e o seu platonismo irredento conta Pepín e o seu deleuzismo-velvetundergroundismo sibilino...

Se cadra o máis acertado que podo dicir de cara a unha confrontación entre mestre (Klimt) e alumno (Schiele) é que no filme (a mon avis desacertado) que lle adicou ó primeiro deles Raoul Ruiz o segundo está interpretado polo fillo de Klaus Kinski...

Podería haber comentario máis acertado ó xesto de Schiele e ó que supón fronte a Klimt? Seguro que si, pero a min non se me ocurre...

Anónimo disse...

King & Queen (Otis Redding & Carla Thomas)

A whole new thing (Sly & the Familiy Stone)

Surrealistic Pillow (Jefferson Airplane)

Absolutely Free (Frank Zappa & the Mothers of Invention)

Stellar Regions
Interstellar Space
Olatunji Concert [editado en 2002 pero gravado en 1967] (John Coltrane)

etc.

FraVernero disse...

Non, amigos, nada máis lonxe de FraVernero que topar molesto o cortafogos/cambio de tópico. Despois de todo, qué mellor continuación verbal do friso Beethoven que estas querellas musicais sobre os grandes discos do ano 67?

Anónimo disse...

Younger than yesterday (The Byrds)

Sir Gawain disse...

Grazas a todos por completar a miña lista. Fixéstesme un pouco feliz...

Anónimo disse...

Love Cry - (Albert Ayler)

Anónimo disse...

Mirror Man - (Captain Beefheart & the Magic Band)

Laurindinha disse...

Ohhhh, Klimt....!