sábado, junho 09, 2007

Virginia Woolf - Mrs. Dalloway


Pensaba metervos unha traducción, ou o orixinal, dun poema de Emily Dickinson; máis que nada porque estaba a cavilar na enorme forza do desexo frustrado que se respira nos seus versos (por exemplo en Wild Nights) e na sublimación que fai neles a autora, na que ven a defender as súas insatisfaccións co argumento de que a forza do desexar sempre fai palidecer o actual pracer da consumación.
E nembargante, para mudar algo do meu tema obsesivo e aderezar o voso padal con novas especias agridoces do remoto Oriente, pensei en colarvos un anaquiño do Mrs. Dalloway co que estiven a traballar ultimamente. Algo relacionado coa loucura, ou con eses médicos castradores que adoban as páxinas do romance e que se fan inmensamente odiosos.
A traducción vaille adicada, vestindo o formato dunha carta que escrebe este Peter Walsh camiño da India á súa amante Clarissa Dalloway, se ela quere coller o testigo.

"Os ingleses son tan calados", dixo Rezia. Dixo que lle gustaba. Respectaba a estes ingleses, e desexaba ver Londres, os cabalos ingleses, os sombreiros feitos en xastrería, e era quen de lembrar o ter escoitado o marabillosas que eran as tendas dunha tía que se casara e que vivía no Soho.
Podía ser posíbel, pensaba Septimus, fitando para Inglaterra dende a xanela do tren, cando deixaron Newhaven; podía ser posíbel que o mesmísimo mundo carecese de sentido.
Na oficina ascendérano a un posto de considerábel responsabilidade. Estaban orgullosos del; gañara medallas. "Cumpriches co teu deber; o mínimo que nós podemos facer é..." comezou a dicir Mr. Brewer; e non puido rematar, tan pracenteiramente o invadía a emoción. Alugaron un aloxamento admirábel ao pé da rúa de Tottenham Court.
Unha vez eiquí, abriu de novo a Shakespeare. O choio daquel rapaz sobre a intoxicación da linguaxe -Antonio e Cleopatra- murchara totalmente. Cómo detestaba Shakespeare á humanidade (o vestir traxes, o facer nenos, a sordidez da boca e do bandullo)!. Isto foille revelado agora a Septimus; a mensaxe agochada na beleza das palabras. O sinal segredo que unha xeración lle pasa á seguinte, disfrazado, é o detestar, o odio, a desesperanza. O mesmo con Dante. Esquilo (traducido), o mesmo conto. Rezia sentaba a carón da mesa, arranxando sombreiros. Arranxaba sombreiros para as amigas de Mrs. Filmer. Arranxaba moreas de sombreiros en cada hora. Parecía pálida e misteriosa, coma un lirio afogado baixo as augas, pensou.
"Os ingleses son tan calados" dicía, poñendo os seus brazos arredor de Septimus, a súa meixela a carón da súa.
O amor entre o home e a muller era repulsivo para Shakespeare. O asunto da copulación era lixo para el antes da fin. Mais, dicía Rezia, tiñan que ter un fillo. Levaban cinco anos casados.
Foron xuntos á Torre de Londres; ao Museo de Alberto e Victoria; estiveron entre a multitude para ver a apertura real do Parlamento; e logo estaban as tendas - tendas de sombreiros, de roupa, tendas con bolsos de coiro no escaparate, onde ela ficaba queda, fitando. Mais tiña que ter un fillo.
Tiña que ter un fillo coma Septimus, dicía. Pero ninguén podía ser coma Septimus, tan delicado, tan serio, tan listo; Non podía ela ler tamén a Shakespeare? 'Era Shakespeare un autor difícil?', preguntáralle ela.
Un non pode traer fillos a un mundo coma este. Un non debe perpetuar o sufrimento, ou aumentar a cría destes animais luxuriosos que carecen de emocións duradeiras, tan só caprichos e vaidades, mudándoas agora nesta dirección, agora nestoutra.

6 comentários:

Margot Tenenbaum disse...

Si me hubieses preguntado: ¿qué fragmento de Mrs. Dalloway crees que pondría en mi Blog? Y, yo, hubiese analizado con detenimiento dicha obra, probablemente, me habría decantado por ese pasaje. La razón, el último párrafo. ¿Sí o no, querido Fra?

FraVernero disse...

Bon, Lu: a verdade é que estiven dubindando entre varios anacos, xa que as belezas poéticas da escrita de Mrs. Woolf aprézanse moito na súa pequena labor de orfebrería... Despois de meditar un chisco, tiven claro que quería meter un dos 'pensamentos' de Septimus Warren Smith (o tolo xenial? só tolo? dimo ti...). O anaco non ten desperdicio, cun final claramente evocativo (ese parágrafo da discordia) ao de Hamlet. Why wouldst thou be a breeder of sinners?
Mais non sondearemos ese abismo de maternidades e biolóxicas ataduras. Xa lle sacaremos brillo ás cadeas...

Margot Tenenbaum disse...

Espero que no te sientas identificado con Septimus Warren Smith, aunque, ahora que lo pienso, tampoco sois tan diferentes.
Je.

FraVernero disse...

Bon, non empregaría a palabra 'identificado', anque de certo me resulta a personaxe máis simpática da novela (no outro senso, indentifícome máis con Peter Walsh). As fronteiras entre xenio-arte e loucura soen ser estreitas, alén das imaxes tópicas. E a lectura de Foucault ('Historia da loucura na época clásica') é unha purga desconfiadora cara os doutores tiránicos e racionalistas, malia que eu non chegue aos páramos da anti-psiquiatría...

Margot Tenenbaum disse...

Es extraño porque Pete Walsh es el personaje que más me gusta, pero me siento identificada (no en todo, por supuesto) con Mrs. Dalloway. Entonces, si yo me siento identificada con Mrs. Dalloway y ella no se porta (o no se portó en el pasado) demasiado bien con Pete, ¿en qué situación quedo?

FraVernero disse...

Vexo que convertemos a entrada esta nun pequeno e cariñoso tête à tête entre nolos dous, Lu...

Eu non me atrevería a dicir que ela se porta 'mal' con Peter Walsh. Quero dicir, hai unha situación evidente de namoramento (el está toliño por ela, e segue despois de tantos anos). Ela é posíbel que sentise algo por el, mais non coa mesma intensidade. Fixo unha outra escolla da que non me dá a impresión de que esté moi arrepentida (anque pequenos indicios apuntan cara aí; nembargante, eses pequenos indicios apuntan máis que a Walsh á promesa dun vivir distinto, tanto na intensa paixón de Peter coma no amor lésbico con Sally Seton, como nunha outra feminidade máis creativa, quizais -sublimada nesas festas que tanto lle gusta organizar a Clarissa?-).

Como de costume en textos ricos e evocadores, 'a mosaic of interpretations'.