sexta-feira, novembro 30, 2007

Mari Vallisoo - Hall Köis Meie Maias

Unha Corda Gis na Nosa Casa

Quen sabe de onde veu,
pasou por varias casas,
meteuse por unha chea de xardíns traseiros.
Petou amodiño na porta
na nosa porta.
Unha voz calada como unha pregaria ou un pedido.

Ficamos calados.
Era un ser estraño.
Ata que un neno deixou a porta aberta.
Ondulou ata o cuarto,
longa como unha serpe.
Agora non hai quen se desfaga dela.

Ás veces enrodélase,
ás veces pon a cabeza
na almofada branca.
Entón rifamos
e amuámonos,
como se fose o mellor pecado,

e mudamos os móbeis de sitio
ou poñemos algunha cadeira nova
totalmente estraña
ou familiar.
Tanto lle ten.

Só lle gorenta o seo
ou o chan
e tropezamos arreo con ela.
Os nenos descoñécena.
Polo de agora.

5 comentários:

Nébeda Piñeiro Barros disse...

os seus comentarios son dunha adorabilidade total. súbenlle a unha todo o que teña que ver coa estima.


así pois, bicos en alta estima.

Raposo disse...

As veces, as verbas fan que o mais absurdo pareza a cousa mais natural do mundo. Pásame con Córtazar, por exemplo, e pasa neste poema: ela esta ahí e todo está ben, o extaño sería que non estivera, o extraño sería que liscara.
Apertas.

torredebabel disse...

tamen hai persoas que chegan asi ás nosas vidas. e amigos. e amores.

O Nadador disse...

Que é esta gafapastada? Qué hay de lo mío?

FraVernero disse...

Nadador, es avarento... O teu texto é o seguinte, home. Anque agora gaste gafas de pasta, non vexo a súa relación co poema da Estonia, eh?