segunda-feira, maio 12, 2008

Il Ritorno d'Ulisse in Patria

Pois iso, que xa estou de volta por terras galicianas, anque o feito de que hoxe durmise 2 horas (e a semana pasada, unha media de 4-5 horas diarias) réstame forzas para empezar a narrar o periplo parisién. Dende alá a cousa estivo algo atravesada para cronicar, dado o moito traballo nos seminarios e nas visitas, o escaso acceso á Rede de Redes e a infernal malevolencia dos teclados franceses. Mais paciencia, que mañá empeza a caixa dos tronos con todas esas anécdotas sainetescas e tráxico-cómicas que tanto gorentan ao meu público eiquí...



Post Scriptum: acabo de ler un textiño pequecho de Deleuze, e topo para o meu estupor que estou totalmente dacordo co que dí. Supoño que será o primeiro síntoma do 'mal francés' que debín de pescar alá polas orillas de Lutecia, no ventre da besta-metro-monstro subterráneo...

4 comentários:

Anónimo disse...

Óptimo irmão!

Saúde e recupérate!


Moncho Pais

Rabino disse...

Se alomenos servíu para eso, pago a pena a viaxe... Contigo de volta, a sombra da Comuna volve a estar tan enterrada coma sempre, escura baixo o asfalto...

A Raíña Vermella disse...

Non sabía deses teus gostos barroquiles (ou era só porque viña a conto?)Coidado con Deleuze que é un sofista...

FraVernero disse...

'Eu como de todo', como ben se dí... De certo que agradezo máis o barroco musical que o arquitectónico, anque un fetichiza tódalas grandes obras, Maxestade...