Este ano non me teño pasado moito polo Cineuropa. A primeira (e sospeito que última) película que fun ver onte non sorprenderá a aqueles que coñezan a miña bardolatría: "Othello", adaptación do clásico shakesperiano dirixida por Stuart Burge en 1965, e con Laurence Olivier (¿quén se non?) e unha xovencísima Maggie Smith nos papeis estelares.
Non é a mellor versión que teño visto. A teatralidade é excesiva -Olivier berra demasiado- e está mal traducida para o medio cinematográfico (escenarios de cartón pedra, xestos esaxerados, texto íntegro da obra, o que arrastra a case tres horas de película...).
E nembargantes, como lle dicía a princesa Leia a Han Solo (perdóenme bologneses, pero un tamén cede ocasionalmente aos encantos da cultura pop): "You have your moments. Not many of them, but you do have them".
A chispa que ameaza benjaminescamenque con facer saltar o continuum da historia está para min nas esceas inmediatamente anteriores ao asasinato de Desdémona. Na atmósfera ominosa, a Señora solicítalle á criada ser soterrada coas sabas da súa boda, para despois cantar a tristísima canción dunha muller que toleou por amor, e finou cantándoa: a canción do Salgueiro:
The poor soul sat sighing by a sycamore tree
Sing all a green willow
Her hand on her bosom, her head on her knee
cho: Sing willow, willow, willow, willow!
Sing willow, willow, willow, willow!
My garland shall be;
Sing all a green willow, willow, willow, willow
Sing all a green willow
My garland shall be.
The fresh streams ran by her, and murmer'd her moans
Sing willow, willow, willow
Her salt tears fell from her and soft'ned the stones.
Let nobody blame him, his scorn I approve
Sing willow, willow, willow
He was born to be fair, I to die for his love,
I call'd my love false love but what said he then?
Sing willow, willow, willow
If I court more women, you'll couch with more men.
Non sendo eu unha persoa que se emocione doadamente, non puiden resistir o pathos tráxico da escea, non sen repetirme, con certa ironía: "Is it not monstrous that this player here, But in a fiction, in a dream of passion, Could force his soul so to his own conceit That from her working all his visage wanned, Tears in his eyes, distraction in his aspect, A broken voice, and his whole function suiting With forms to his conceit? And all for nothing, For Hecuba! What's Hecuba to him, or he to Hecuba, That he should weep for her?". Pois aquel no que as bágoas riscaban por saír non era o actor/atriz, senón eu mesmo.
Consolémonos pensando que tamén Orfeu arrincara bágoas de ferro ao implacábel Hades. Doutra banda, a música da canción tamén axudaba. A melodía conservouse nun libro para laúdes de 1583, e alomenos un cd de cancións shakesperianas a inclúe. Se podedes, escoitádeo. E ricorditti di me...
7 comentários:
... ou comparatismo minus zero, que diria un deses notos poeti laureati dos que falaba (ou fala quizais) Eugenio Montale...
Querido Zacharias, quizais non o saibas pero eu son membro honorifico, socio fundador e presidente dictatorial do segredisimo, exclusivo e nunca levado a cabo clube de fans de Maggie Smith. Asi que se este correo é un penhazo e moi longo so podo dicir que ti es o unico culpable.
O problema con esa espelida moza provinciana de Essex que ten un pouco de sabia e fascinante Sanseverina e de saltarina Clelia (si, Raul: ti sabialo) é que case ninguén recorda dela mais que as dignas parodias de si mesma as que se ve limitada nos ultimos anos. Non hai unha conexion entre os filmes de Harry Potter ou Sister Act ou cousas polo estilo e os seus anos de esplendor de mocidade. (Non confundir estes papeis alimentacios para a television britanica ou anodinos filmes hollywoodianos co capolavorissimo de Altman "Gosford Park"... e se alguén se atreve a discutir sobre a calidade deste filme desde aqui o emplazo se osa...)
Antes da explosion dos ultimos sesenta facia palidecer (para o meu gusto que sera suponho pouco compartido) a beleza sempre matissiana e sublime de Julie Christie en "Young Cassidy".
Logo chegan os seus mellores anos. (Considerando que nunca falamos dunha megaestrela, senon dunha actriz de formacion teatral con etapas cinematograficamente sobresaintes. Unha especie de Anne Bancroft inglesa, shakespeariana e non tan obviamente provocativa no sentido ideoloxico.) Neles recordamos o seu discreto encanto pop rodeada da (marco incomparable) Venezia nocturna e volponiana retratada por Gianni di Vennanzo naquel filme de Mankiewicz (para os neofitos "The Honey Pot", brillando a altura, non é pouco dicir, do inconmensurable Rex Harrison nunha velenosa parafrase de Ben Jonson). Esta seria a imaxe que a marcaria na sua xuventude e que explotaria no que é o seu papel mais popular desta etapa, o da inesquecible Patty Terwilliger (nota: apelido do personaxe de Side-Show Bob nos Simpson) nunha trama divertida e por momentos ponsonduterreliana (desculpen pola deplorable nota de posmodernidade lodgiana-umbertista): "Hot Millions" xunto cun partner de altura, Peter Ustinov.
Buscando mais na minha memoria de anglofilo irredento e de admirador do perfil de muller irremediablemente occidental (nisto son pouco posmoderno, ti sabelo, Zacharias) atopo un par de filmes coprotagonizados con Robert Stephens: "The Prime of Miss Jean Brody" (de Ronald Neame: vello artesan sabio e con filmes infravalorados como "The Card" e sobre todo "The Horse's Mouth") e "Travels with my aunt" (dun case xenio que ainda en horas non moi altas retinha algunha fiamma: George Cukor). Alguns chegamos a recordala en adaptacions shakespearianas menos conhecidas da que ti mencionas como as suas Beatrice de "Much ado about nothing", a sua Portia "The merchant of Venice"... Poucos recordamos o seu espido frontal (pouco excitante: esquelético busto inglés, pero quen cha dera, Zacharias) na divertida ainda que baseada nunha obra de Neil Simon (por tanto inocua) "California Suite" de Ross. Incluso alguns escollidos sabemos que o grandioso mestre entre mestres e luz que ilumina as nosas vidas (cando falo asi pode ser so de Ingmar Bergman) chegou a dirixila nunha "Hedda Gabler". (Obra que non so atopo xenial e absolutamente brillante nos termos nos que é descrita por Szondi e nos que eu mesmo, modestia aparte, puidese engadir, senon que ademais é un dos mais brillantes tratados que se tenhan escrito sobre a mente da muller.)
Despois quizais xa so un ou dous advertimos (agora, non enton) nalgun producto de qualité respectable pero xa costa abaixo na rodada como "Quartet", ainda hoxe o mellor de Ivory coa sensible "The remains of the day"...
... e così via...
Deberiamos xuntar as nosas forzas neste blog e comezar a reivindicar a grandeza dos autores da illa, o meu freakismo neste tema se descontrola como ben se pode comprobar...
CANON QUE AGORA SE ME OCURRA? Restrinxindo: o divino sir John Gielgud e meu senhor Laurence Olivier, Trevor Howard, Michael Redgrave, George Sanders, Alec Guiness, Peter Ustinov, Derek Jacobi, Peter Sellers, Ann Todd, Maggie Smith, Joan Plowright, Vanessa Redgrave, Helen Mirren, Glenda Jackson...
que me quedaria?
Sir Gawain
P. S.: Deixoche esta luva tamén desde unha Bologna na que estamos a dous grados con temperaturas en descenso...
... desculpa, cando "autores" queria dicir "actores"...
A risco de ser pueril, o que máis me gusta é o sycamore tree, nada que ver con esta nosa paisaxe de eucalipto e pouco máis. ¡Onde vai ir así esta nosa lírica!
E, como sempre, aproveito a viaxe para mandarlle un saúdo a Sir Gawain.
p.s.: estoume aviciando con esto dos blogs, esto vai rematar mal, xa me vexo nalgún diván.
Aaaaaaaaa, os sicómoros... ¿Como, detrás dun nome tan sinxelo, se pode ocultar tal variedade de significados?
Certamente, a árbore á que se refire Shakespeare é o 'Acer pseudoplatanus', tan habitual no norde de Europa como escaso na península. Tamén recebe este nome (en EEUU) esa árbore que nós chamamos platano (Platanus occidentalis), de baias redondeadas e que decora alamedas e paseos urbáns.
E á marxe, o máis evocador e bíblico sicómoro, o ficus sycomorus, variante asíatica da figueira.
Esquecíame de meter a ranciada culturalista: deitémonos hoxe á sombra do enebro, coma Eliot (anque sen tres leopardos brancos), rillando, agora que se acerca o Nadal (nota postcolonial) nunha curiosa variedade do turrón que teñen na India, o Anjeer Burfi, que se fai con figos secos (anjeer), zucre, améndoas, pistachos, manteiga hindú (ghee)e anacardos.
... pelin ofendido...
Non quixen dicilo desde un principio esperando que o meu anhorado Zacharias habia lembrarse... habia de lembrarse de que a mellor sen discusion posible das cancions shakespearianas que conhezo e para o meu modestisimo gusto é a amable e encantandora cancion de "Twelfth night"...
Deberas adicarlle unha entrada ou algo diso...
(Para cando unha revalorizacion das xeniais e nunca suficientemente alabadas comedias de madurez de Shakespeare?)
Ums...
debería, caro mourelle.
Nembargantes, estou pasando por un episodio de mala conciencia... A miña bardolatría arrástrame polo camiño perverso de Bloom...
Varias lecturas marxistas e postmodernas ('The political Shakespeare', Dollimore, Sinfield, Eagleton terán que curarme algo, e levarme a un mea culpa)
xD
Enviar um comentário