Ou será que confundín o Pegaso cun Barreiros? Puto manierismo, ata invertín a orde dos signos de exclamación, eso sen ter en conta que abondaba con un e, por enriba, ademais de saltarme a lei gramatical en vigor, apropieime desaforadamente destes espacios espaciados onde se comenta o post para comentar os meus desafortunados comentarios. Sorry, Fra, de penitencia prométolle unha ausencia para unha xeira longa dabondo para que lles permita recuperarse ós seus visitantes e a vostede mesmo deste abuso desmedido.
Uncle Joe, vostede é un dos comentaristas mimados desta santa casa -o que implica o dereito a solicitar 1 post persoalizado ao mes-, e os seus xogos intratextuais -cos seus comentarios, ou cos seus comentarios a outras entras- sempre atopan acubillo e porto ledo no "peirao do nosso / coraçom". Non vaia a desertarnos agora... Tendo a pensar (cousa que discutín co meu compañeiro de piso o outro día) que a pìntura Manierista está inxustamente infravalorada. Incluso grandes críticos como Gombrich tenden a pintala (moi axeitado, referente a cadros) coma epigonal, sufrindo unha terrible 'ansiedade da influencia' bloomiá por ter que pintar tralos grandes mestres renacentistas: a trinidade do Rafael, Miguel Anxo e Leonardo (falta o escultor algo anterior para fechar ás Tartarugas Ninja). Para eles, o manierismo sería esaxerado e efectista, coma os trucos de feira dos irmáns Lumière... Nembargantes, a resonsabilidade desta postaxe (e máis na escolla de título e de cadro) é responsabilidade de Sir Gawain (facendo uso da prerrogativa do post mensual), polo que podedes pedirlle contas á súa mercede. Supoño que gusta moito das escravas turcas...
tío pepín non sabe se facer rizoma ou plantar unha árbore. Polo demais eu voto por pegaso porque como dicía alguén quen ten un Barreiros ten un problema.
Pero que conste que todo é porque 'cambote' me tira da lingua (cousa que lle agradezo).
Querido Cambote, levo media vida regando unha nature morte con auga de castañas e, xa ve, aínda non perdín de todo a esperanza. De meseta en meseta e tiro porque me toca.
p.s.: vostede e máis eu temos máis etimoloxía en común da que pode parecer. E felicidades a tod@s @s tí@s Pepin(a).
E xa que aproveitei e metín unha vez máis baza, querido Vernero, o Manierismo é unha tensión entre dúas forzas tan brutais que por lóxica sempre quedou de convidado de pedra e, ergo, inxustamente considerado (ou non). Imaxino que chispazos coma a exposición de Tintoretto no Prado sirven para darlle de cando en vez enerxía. Pero xa de postos, de radicalmente postos, nada coma os elásticos corpos do Theotokopoulos (o Laoconte con Toledo ó fondo, e.g.). E que lle vou dicir eu sobre tensións que non me delate, incluídas as calmas tensas?
Grazas por responder ás peticións dos radioíntes...
considero como o mantendor que a devaluación do modernismo é necesariamente unha aplicación indebida de certa teleoloxía cultural e formal inaceptable.
Espero que Tío Pepín non nos abandone... Tío Pepín... don't leave us now...
A "schiava turca" foi a muller máis fermosa que existíu nunca na imaxinación de ninguén...
7 comentários:
Pegasos, lindos pegasos, caballitos de madera...
Federico Oso Lorca
!Mira que confundir un Oso cun Machado¡ Este tío Pepin vai radicalmente a peor, non hai dúbida.
Ou será que confundín o Pegaso cun Barreiros? Puto manierismo, ata invertín a orde dos signos de exclamación, eso sen ter en conta que abondaba con un e, por enriba, ademais de saltarme a lei gramatical en vigor, apropieime desaforadamente destes espacios espaciados onde se comenta o post para comentar os meus desafortunados comentarios. Sorry, Fra, de penitencia prométolle unha ausencia para unha xeira longa dabondo para que lles permita recuperarse ós seus visitantes e a vostede mesmo deste abuso desmedido.
Uncle Joe, vostede é un dos comentaristas mimados desta santa casa -o que implica o dereito a solicitar 1 post persoalizado ao mes-, e os seus xogos intratextuais -cos seus comentarios, ou cos seus comentarios a outras entras- sempre atopan acubillo e porto ledo no "peirao do nosso / coraçom". Non vaia a desertarnos agora...
Tendo a pensar (cousa que discutín co meu compañeiro de piso o outro día) que a pìntura Manierista está inxustamente infravalorada. Incluso grandes críticos como Gombrich tenden a pintala (moi axeitado, referente a cadros) coma epigonal, sufrindo unha terrible 'ansiedade da influencia' bloomiá por ter que pintar tralos grandes mestres renacentistas: a trinidade do Rafael, Miguel Anxo e Leonardo (falta o escultor algo anterior para fechar ás Tartarugas Ninja). Para eles, o manierismo sería esaxerado e efectista, coma os trucos de feira dos irmáns Lumière...
Nembargantes, a resonsabilidade desta postaxe (e máis na escolla de título e de cadro) é responsabilidade de Sir Gawain (facendo uso da prerrogativa do post mensual), polo que podedes pedirlle contas á súa mercede. Supoño que gusta moito das escravas turcas...
tío pepín non sabe se facer rizoma ou plantar unha árbore.
Polo demais eu voto por pegaso porque como dicía alguén quen ten un Barreiros ten un problema.
Pero que conste que todo é porque 'cambote' me tira da lingua (cousa que lle agradezo).
Querido Cambote, levo media vida regando unha nature morte con auga de castañas e, xa ve, aínda non perdín de todo a esperanza. De meseta en meseta e tiro porque me toca.
p.s.: vostede e máis eu temos máis etimoloxía en común da que pode parecer. E felicidades a tod@s @s tí@s Pepin(a).
E xa que aproveitei e metín unha vez máis baza, querido Vernero, o Manierismo é unha tensión entre dúas forzas tan brutais que por lóxica sempre quedou de convidado de pedra e, ergo, inxustamente considerado (ou non). Imaxino que chispazos coma a exposición de Tintoretto no Prado sirven para darlle de cando en vez enerxía. Pero xa de postos, de radicalmente postos, nada coma os elásticos corpos do Theotokopoulos (o Laoconte con Toledo ó fondo, e.g.).
E que lle vou dicir eu sobre tensións que non me delate, incluídas as calmas tensas?
Grazas por responder ás peticións dos radioíntes...
considero como o mantendor que a devaluación do modernismo é necesariamente unha aplicación indebida de certa teleoloxía cultural e formal inaceptable.
Espero que Tío Pepín non nos abandone... Tío Pepín... don't leave us now...
A "schiava turca" foi a muller máis fermosa que existíu nunca na imaxinación de ninguén...
Enviar um comentário