A salvo polo momento, agochada detrás das súas pálpebras, Portia, deitada, víase a sí mesma con Eddie. Veu un continente á luz do solpor, en rolos e crestas de escuridade coma un mar. Unha luz dun amarelo escuro xacía nas árbores e penetraba nos seus escuros corazóns. Como un cristal que se golpea, o continente repicou co silencio. O país, co seu ondular lene, tenso e afogado polo crepúsculo, ergueu até os pés de onde se sentaban: ela e Eddie estaban sentados na porta dunha choupana. Sentía a choupana, contedora de escuridade, ás súas costas. A luz achaiante e sobrenatural verquíase nas faces; veu como acariñaba os pómulos del, a punta das súas pestanas, mentres que el viraba cara ela un ollar enceguecido de ouro. Contemplou as mans de Eddie colgándolle entre os xeonllos, e as súas propias colgando, pacíficas, ao carón das del, mentres permanecían sentados xuntos no escalón da choupana. Sentiu o toque da calma e da semellanza: ela e el eran un sen necesidade de ningún outro tacto, alén deste. O que estivera na choupana detrás non o sabía: esta luz era eterna; seguirían eiquí para sempre.
Entón escoitou a Matchett abrindo o sobre. Os ollos abríronse de súpeto. Berrou: "Non toques iso!".
-"Nunca tería pensado tal cousa de ti".
-"O meu pai entenderíao".
Matchett revolveuse. "Non es consciente do que dís".
-"Non estás sendo xusta comigo, Matchett. Ti non o sabes".
-"O que sei é que ese Eddie nunca esta quedo sen planear algunha trasnada. E sempre se toma as súas liberdades. Es tí a que non sabe".
-"Sei cando estou leda. Iso sí o sei".

2 comentários:
É túa a tradución?
Sí, lauridinha(s). Calquera mérito que amosa será a do texto orixinal, e calquera defecto debe atribuírselle ao verquedor (traduttore-traditore, xa se sabe).
Enviar um comentário