Adrián afundíase na selva humana con gosto de se perder e descubrir. Un ledo cansazo. As arcadas de Rivoli. No tempo de Chateaubriand aínda se estaban erguendo, e pola praza da Concordia escoaba o machadazo fatal. Castiñeiros que deron sombra á testa romántica de Michelet. Adrián, gran lector de Balzac, comprendía o asombro e o interese da Comedia humana. A grande vila era entón cousa nova. Napoleón movera grandes exércitos, e inda tiña memoria de abondo para coñecer a faciana de cada un dos granadeiros da vella Garda. Balzac manipulaba multitudes e inda podía coñecer todos os banqueiros e todas as mundanas de París. Hoxe hai que proceder por nacións, e por continentes. En troques, a síntese non pode abranguer todas as particularidades dun xeito satisfactorio. E ¿ata que punto respondía o París arquitectural ás arelas de hoxe?
Ramón Otero Pedrayo, Arredor de Sí
10 comentários:
A cultura patria segue probablemente enferma de París.
París es el rey del amor
And you are the Queen of Hearts, Lu (ou xa que últimamente estás dylaníaca, confórmate con ser o Jack de Lily, Rosemary and the Jack of Hearts).
;)
Deixando a baralla e Alice in Wonderland de lado, vexo que de maneira non intencionada, levo varias entradas adicadas ás capitais europeas (sobretodo Berlín, mais recentemente, Londres e París da man de mrs. Woolf e de Otero Pedrayo, cunha fugaz pincelada de Viena cortesía dun dúa de pintores).
Xa seguiremos por aí...
Muy cierto. Empiezas a parecer una guía de viajes. No he estado en París y tengo ganas, ganas de visitar ese París bohemio por el que seguro habrá paseado en muchas ocasiones Monsieur Gainsbourg. Me pondré una boina, una bufanda de rayas y unas enormes gafas de sol para cantar paseando J'e T'aime Moi Non Plus.
E a min que Arredor me pareceu un pouco pesado de máis para ser de Pedrayo...
Está visto que ate entre filólogos (finólogos que dicía a miña curmá pequena cando comecei a carreira) hai ovellas negras...
O noso vello Otero, sempre obsesionado coa Cité, e non há de ser o único. Aínda hai pouco tiven que reler "Os camiños da vida" (e facerlle os mapas da acción) e tamén estaba alí, libre e obsesionante, niño dos exiliados das nacións sen estado.
Bueno, yo quería aclararle al Sr. Anónimo que, a mi, sí me interesa esa lista con tu gustos y, creo, que al resto de tus lectores también.
Por otro lado, querido Fra, no sé si mandar todo "al carallo" y marcharme a París siguiendo tu propuesta.
Maldita triste existencia.
Mrs. Tenenbaum
A Paris, capital do seculo 19, que dicia -entre outros- Water Benjamin...
Cosmopolitismo soñado (non so por finologos, que deberan turrar mais para Finlandia) sen pasar pola aLfandega de Madrid e da cultura imperial-periferica...
Margot, queridiña, non pensei en verche tan pesimista, mais se agardas un chisco ao torrido veran, tentarei seguir os teus pasos ata o final da escapada...
Agardaba xa por un novo post, mais desta vez o Fra lacazaneou e decido comentar tamén neste.
Eu hai veces que, como di Sir Gawain (que a cidade do Sena se bote a tremer!) hai días nos que confeso estar enfermo de París, pero é dun París que definiría de cortazariano e, polo mesmo, é probable que no fondo estea enfermo de Cortázar; outros días sen embargo estou claramente doente dun París-Texas, son un Travis (máis pequeno) 'arredor de sí' e as horas teñen un sabor a música de Cooder e a cabina de peep-show sen Kinski dentro.
Sabía que Pepín non se resistiría a rememorar os seus melancólicos paseos con clochards e pianistas orondas nin ese terreo comprado no medio do deserto recordando que hai dúas vilas que se chaman París... o meu mapa de París pasa necesariamente polos jazzmen, por Juliette Greco (je suis comme je suis) e pola Nouvelle Vague, sobre todo por aquelas conspiracións imaxinadas de Jacques Rivette arredor non de si, senon de obras de Racine...
Enviar um comentário