'Yo he venido aquí a hablar de mi libro'...
De certo, o que máis me gorentaba hoxe era reflexionar un pouco sobre algún dos seguintes temas, que quizaves arrinquen entrada nunha futura ocasión:
1) os Philosophical Arabesques de Nikolai Bukharin, escritos en tenebrosos días nos que o seu autor agardaba a saída das celdas da Lubyanka cara o seu fusilamento e visita permanente ao Comité Central da Eternidade, 'onde os compañeiros / militan no sorriso'.
2) Conectado co anterior, unha serie de reflexións sobre a traxedia do Marxismo Occidental, ou o intento de defender unha teoría e praxe revolucionarias (máis o primeiro que o segundo) no contexto do fracaso da revolución e o seu alonxamento cada día maior das realidades do Primeiro Mundo.
3) Temos tamén a enorme decepción que me causa o triunfo electoral da estrema dereita en Israel, e unhas impactantes imaxes televisivas dunha rapaza palestiniana de 9 anos coas pernas queimadas polas bombas de fósforo sionistas; todo o cal suma para que me resulte cada dia máis difícil opoñerme aos discursos que reclaman a destrucción dese estado bárbaro, colonial e terrorista.
4) A Bauhaus, exemplo de 'bolchevismo cultural'?
Como nunca faltan ocasións para reflexionar sobre as miserias humanas e os seus fracasos, ídesme permitir que por hoxe siga unha nota algo máis frívola e vitalista mediante a colaboración no meme-cepo que me enviou o señor Raposo, nunha clara inversión da metáfora do cazador-cazado. Non é só que os memes sexan unha praga electrónica e un simulacro do funcionamento dos virus: é que agora, con este 'Meme das Larpeiradas', invento ao parecer da maligna bitácora LM, teño que escoller un producto típico da nosa zona (neste caso, Serra de Outes) e sortealo entre os comentaristas! Veremos como dou artellado o xeito de mandar o producto ao gañador...
Un dos problemas habituais cos productos 'típicos' e sempre soen ser típicos tamén doutros lares (quen dubide só ten que comprobar a fundamental igualdade da cociña alemana, polaca, estonia, lituana e letona no fundamental). Famoso de San Cosme son as cebolas, que como imitador de Sancho Panza podo engulir crúas cun anaco de pan de centeo (anque mellor con tomate, queixo e un pouco de sal, aceite e vinagre). Ao final decidinme polas estupendas orellas que, modestia aparte, facemos na miña casa, e que seguindo a lóxica deste meme conservador e vicioso sortearei entre os comentaristas a finais de mes.
A quen lle paso o morto? Pois creo que aínda non foron atrapados Modesto, Sul e o Moncho, así que xa sabedes...