quinta-feira, maio 31, 2018

Libros do Mes

Poucas lecturas rematadas este maio, xa que co gallo das oposicións e dos nosos propios exames, por non falar do meu rapazolo, andiven liado de máis para ler todo o que quixera. O verán logo ha chegar, de todas todas.

Apolonio de P.M. González Urbaneja

*The Lyric Age of Greece de A.R. Burn [E]

*Alex's Adventures in Numberland de Alex Bellos [E]

*Shih-ching by Ezra Pound (tr.)

*The Book of Songs, de Confucio (ed.) e Waley (tr.) [R]

*El enigma de Fermat de Albert Violant

quinta-feira, maio 17, 2018

Book Challenge - Third Decade

21) A primera novela que lembras ler: Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas

22) Un libro que che fixo chorar: Os Miserables, de Victor Hugo

23) Un libro que vai tempo que queres ler e aínda non liches: The Riverside Chaucer

24) Un libro que desexas que máis xente lese: Soledades, de Luis de Góngora / Love and Math, de Edward Frenkel

25) A personaxe coa que máis de indentificas: O Gran Historiador Sima Qian / O Doutor Samuel Johnson

26) Un libro que mudou a túa opinión sobre algo: The Economics of Feasable Socialism de Alec Nove

27) Libro con xiro ou final sorprendente: Foundation and Empire, de Isaac Asimov

28) Mellor título dun libro: The Golden Peaches of Samarkand, de Edward H. Schafer

29) Libro que todo o mundo odiou menos ti: Libro de Alexandre / El Criticón, de Baltasar Gracián

30) O teu libro favorito: Paradise Lost, de John Milton

domingo, maio 13, 2018

Book Challenge - Second Decade

11) Un libro que odiaches: calquera cousa de Paulo Coelho (chegoume cun resumo e cos seus infames artigos do Semanal)

12) Un libro que amas e odias ao mesmo tempo: 1984 de George Orwell

13) Escritor favorito: William Shakespeare

14) Adaptación cinematográfica que estropea un libro: The Scarlet Letter, de Nathaniel Hawthorne

15) Personaxe masculino favorito: Taira no Tadanori (Heike Monogatari)

16) Personaxe femenina favorita: Reina Ardid (Olvidado Rey Gudú, de Ana María Matute)

17) Cita favorita dun libro favorito: Macbeth, de William Shakespeare. "Life’s but a walking shadow, a poor player / That struts and frets his hour upon the stage / And then is heard no more.  It is a tale  / Told by an idiot, full of sound and fury, / Signifying nothing".

18) Un libro que che decepcionou: Hiperión, o el eremita en Grecia, de F. Hölderlin

19) Libro ben adaptado ao cine: One Flew Over The Cuckoo's Nest de Ken Kesey

20) Romance amoroso favorito: The Enchantress of Florence, de Salman Rushdie

sexta-feira, maio 11, 2018

Book Challenge - First Decade

Un par de meses atrás, coincidindo coa miña inaguración do twitter por mor dun curso de formación, deixeime enlear nun deses xogo-retos dixitais nos que xa teño caído noutros tempos nesta propia bitácora. Neste caso tratábase de respostar a trinta preguntas sobre libros e lecturas -unha por día- ao longo dun mes.

Algunhas das escollas foron difíciles e seguramente necesitasen clarificación -no breve espazo dos chíos, ás veces procedín a facela. A aqueles que a desexen/necesiten, envíoos alá, ou emprázoos a que inquiran nos comentarios. E sen máis preámbulo, velaiquí as primeiras dez preguntas e respostas:

1) O mellor libro que liches o ano pasado: Number: the Language of Science de Tobías Dantzig

2) Libro que liches máis de 3 veces: The Revenge of the Rose, de Michael Moorcock

3) A túa serie favorita: O Mundodisco, de Terry Pratchett

4) Libro favorito da serie favorita: Sourcerer, de Terry Pratchett (quizaves)

5) Un libro que che fai feliz: El perro del hortelano, de Lope de Vega / Japanese Nō Dramas de Royall Tyler

6) Un libro que che entristece: King Leopold's Ghost, de Adam Hochschild

7) Un libro que che fai rir: A Confederacy of Dunces, de John Kennedy Toole

8) Libro sobrevalorado: The Catcher in the Rye, de JD Salinger

9) Un libro que pensaches que non che ía gustar e acabaches amando: Moby Dick, de Herman Melville

10) Un libro que che lembra ao fogar: The Hobbit, de JRR Tolkien

domingo, maio 06, 2018

Reseñas - Descubrir la ciencia

Descubrir la ciencia

VV.AA. (40 libros, algúns autores menos, xa que repiten)

2015/2016, Batiscafo

* * * * (bo)

Colección instructiva, amena e asequíbel polo xeral coa que aprender algunhas cousas interesantes a nivel divulgativo das ciencias e das súas novidades.

Non é habitual que se fagan nesta bitácora reseñas de coleccións enteiras, no canto de libros; de feito, percorrendo entradas anteriores toparedes precisamente tres adicadas a exemplares concretos desta serie. Porén, agora que acabo de rematar o seu derradeiro exemplar, resúltame instructivo facer un balance completo; moito máis sendo esta a primeira colección á que me suscribín en moitos anos (agora faille compaña a dúas máis que estou rematando, adicadas aos Genios de las Matemáticas e ao Mundo Matemático).

Podemos comezar polo que teñen en común tódolos volumes: en algo menos de 150 páxinas, con ilustracións e múltiples recadros, os divulgadores científicos de Materia 3 decidiron tecer un fresco das principais novidades científicas do momento; non busca ser unha visión totalizadora e equilibrada: neste senso, tanto a actualidade e novidade de descubrimentos e avances como a popularidade concreta dalgúns eidos científicos privilexian algúns temas e disciplinas moito máis do ca outros. Así, dos 40 volumes que a compoñen, 18 (un 45%) son de física nas súas diferentes variantes, e destes 18, 12 (un 30% do total) son de astronomía/astrofísica. A química, moito menos marketizábel, tan só acada 3 exemplares (7.5%), as matemáticas, outros 3 (e son, amais, cousas 'aplicadas', en plan trucos de maxia, estatística e a súa presenza no mundo natural). O outro bocado xigante da torta lévao a bioloxía, anque máis concretamente, as teimas que se repiten libro tras libro son as do cerebro, a neurobioloxía e a xenética (20%). O que fica é un totum revolutum onde entran disciplinas máis pequenas, outros aspectos das xa mencionadas, e 'cousas misceláneas'.

Como sería de agardar, unha colección de corenta membros presenta resultados desiguais; nalgúns nótase que foron escritos un pouco con prema e correndo para a publicación. En xeral están ben escritos, anque algúns son máis escuros e aburridos ca outros (porén, aquí entran en parte as limitacións e intereses persoais, que me dan unha base nalgúns eidos que está ausente noutros). Como era de agardar, gustei especialmente dos exemplares adicados á astrofísica e física de particulas (Mundo cuántico, Especies cósmicas, Un universo gravitacional, Tras el Big Bang., En busca de la teoría del Todo, La Nada, Del átomo a los quarks) e do libro solitario encol da filosofía da ciencia; nalgúns casos, levei gratas sorpresas en volumes que pensaba ían resultar algo aburridos (El universo meteorológico, Guerra de corrientes, Reacciones cotidianas); noutros, sobretodo os de xenómica/xenética, desexei que remataran cedo, anque xa o agardaba, e servíronme non pouco para adquirir uns coñecementos mínimos que agradezo (coma poder citar sen consultar os catro compoñentes do ADN humano: guanina, citosina, adenina e timina).

Avaliando a serie holísticamente, teño que darlle un aprobado con nota, e felicitar aos seus promotores por esta necesaria laboura de divulgación científica entre os leigos, para da misión do coñecemento de evitar as torres de marfín dos sabios e as súas funestas consecuencias na era do relativismo posmoderno e a pos-verdade. Seguindo os seus pasos, National Geographic está a emitir agora unha colección semellante de 'Desafíos de la Ciencia' que non me importara consultar, anque de momento vou moi cargado de coleccións...