sexta-feira, outubro 21, 2005

A Letra Escarlata

Chove en Santiago. Da miña retirada vida monacal compostelá tráiovos uns comentarios arredor da última novela que acabo de ler, e que me deixou moi gratamente sorprendido: "A letra Escarlata", de Nathaniel Hawthorne.
Na peza (máis propiamente romance que novela, anque non imos entrar agora na casuística das diferencias) asistimos ás desventuras de Hester Prynne. A Nova Inglaterra do século XVII vese trastocada co nacemento dunha nena, froito de adulterio, que dá a luz a protagonista. Obrigada pola ruda poboación puritana a vestir de por vida a letra escarlata na súa vestimenta, Hester loitará contra o ostracismo e a vergoña, recuperando co tempo a estima da súa comunidade. Con Hester suben ao estrado dos personaxes destacados a súa filla Pearl, 'pequeno elfo', o crego Arthur Dimmesdale e o marido burlado, Roger Chillingworth, na implacábel pescuda de vinganza.



Teño que confesar que a priori partía de bastantes prexuízos con respecto ao autor, que ten fama de abusar das alegorías e do moralismo nos seus escritos, cousa que atestiguan, malia tamén ter unha calidade máis que aceptábel os seus relatos breves 'My kinsman, Major Molineux' e 'Young Goodman Brown'. Nembargantes, a 'Letra Escarlata' (anque inclúa estes elementos) é unha peza excepcional, na que parece producirse a cuadratura do círculo: amena e divertida ao tempo que sólida alimentación estética e espiritual.
Porque a obra fai pensar e sentir, e escapa de mistificacións simplistas. E anque sempre sorría malévolamente cando se esgrimen argumentos sobre os valores morais, éticos e políticos nas pezas literarias, e sobretodo se van na liña dos valores 'humanistas' da escrita, e da aportación que ésta faría ás persoas (facéndonos máis tolerantes, sabios e mellores), debo confesar que esta peziña está moi cercana a cumprir algúns deses obxetivos satisfactoriamente.
Por todo iso, anímovos a que, cando teñades un intre, lle botedes un ollo. Tampouco é demasiado gorda (unhas duascentas e pico páxinas), ou sexa que xa sabedes...

4 comentários:

Anónimo disse...

Ah... on the road again?

Bueno esperemos a ver se vas contestando os correos porque ainda queda caminho por andar. Por ai non vas mal, que conste. Non che tenho unha idea do texto de primeira man, so vin a interesantisima version cinematografica de Wenders. Para Hawthorne agora non hai tempo... estou embarcado na lectura de "Verdade e método" de H. G. Gadamer nunha edicion bilingue (non hai diérese) italiano-aleman (version italiana de Gianni Vattimo) que me custou 15 euros...


Bicos e a ver se contestamos algun correo...

Anónimo disse...

Enviei un correo en referencia a unha maxistral peza de xornalismo cultural. Non o perdas: merece a pena.

Anónimo disse...

Ainda fixen unha entrada nova no de Eagleton. Non é necesario que contestes porque obviamente seria dificil rebater a minha brillante linha de argumentacion (é broma, iso digoo aqui que sei que non nos sinte ninguén porque non nos aguantan)... Pero se podes non deixes perder o link, que paga a pena...

Anónimo disse...

Venha, que xa ponho aqui o link...

http://personales.ciudad.com.ar/M_Heidegger/steiner.htm