domingo, novembro 20, 2005

Orfeu en soños

Hoxe é día de banquete e celebración. Xa teño nas miñas mans un exemplar de 'Orfeu en soños' -e así se chama o primeiro libro de poesía publicado por Ramón Blanco, cifra de letras nas que se esconde o home de ben, xenial poeta, o amigo xeneroso. Marcará esta saída, anunciada con sopros de tuba de prata, o nacemento dunha estrela na constelación de novos e bos autores dos que tan necesitadas andan as nosas letras.
"E o terceiro Anxo tocou a trompeta, e unha enorme estrela, brillante como un facho, caeu do ceo sobor da terza parte dos ríos e das fontes de auga - o nome da estrela é Absinto. Un terzo das augas tornáronse amargas, e moita xente morreu das augas que se tornaran amargas".
É este libro complexo artefauto de verbas e Absinto, pois alimenta dos que beben nel e só cataliza o veleno naqueles que xa están estragados por dentro, "e son consumidos polo lume".
Baleiro a copa de cristal para un novo brinde; o licor verde esmeralda danza nas gorxas -a fada verde- e alédame ofrendarvos unha mostra -o primeiro poema- deste noso "miglior fabbro", o mellor escritor do Colectivo Sacou.

IN GIRUM IMUS NOCTE ET CONSUMIMUR IGNI

(Salutación de Guy Debord aos espectadores e ao Conde d Paço Tristão)

Cinza sombra deste incendio
que se estende
máis alá
das marxes do (h)orto,
lonxe do martirio da sintaxe
e do fogo que arde sen se ver e que alí afina
a ígnea corrupción do centro de madeira
do violín tatuado,
tocando a pel ardente
papel queimado.

Pode que os mortos aínda respiren
nestes versos igual que os vosos ollos
escoitaban na película a noite
americana ou o testamento de Orfeu,
fumando no leito baldío
despois de escribir Sonata de inferno cos ollos irritados cubertos
polo fume, ascendendo despois cara ao teito,
na lámpada a vista baila
atrapada no círculo do desexo

O danse mon papillon noir!

Aínda que tarden en arder as follas murchas unha tarde
han entrar xirando polas xanelas abertas
nas almas de mil douscentos e pico
perdemos o sen,
buscades asento na escuridade,
cando xa comezou o espectáculo
e imos en círculo na noite e somos consumidos polo lume.

6 comentários:

Anónimo disse...

ben

daraslle unha aperta da miña parte a ramón

e ti, a ver

Anónimo disse...

Meus mais sinceros parabéns a Ramon e moitas apertas esperanzadas para a sua singradura ou legno che cantando va que diria certo divino fiorentino.

De poeta a poeta lle deixo un anaco pra morder nel (a cita é sempre topica para quen me conhece):

Que sa dissipation dans le bleu du monde./« Non, ne me touche pas », lui dirait-il,/Mais même dire non serait de la lumière.


P.S.: Bicos

P.P.S.: Because I do not hope to turn again... alégrome de comprobar que na salutacion de Ramon hai un punto de contacto agochado cun poeta que me resulta especialmente caro... velai a musica das esferas que se produce mentres se sabe que en Paris pasa algo. (Quen queira saber como iso pode comprobarse no texto e xa estea cheo de aguantar os meus multiples sermons pode ou debe ler a un tal Maurice Blanchot.)

P.P.P.S.: Creo ter desenmascarado a tio Pepin. Hai so un pequeno detalle que me desconcerta.

FraVernero disse...

Aclara logo, Morellaco malvado, esas identidades segredas -curiosos que somos... xD

Anónimo disse...

¡Ollo! Xa sabedes que "curiosity killed the cat", ou, como mal menor, o Stevens aquel que se deixou de mariconadas (blackbird has spoken like the first bird...)e se pasou directamente á lectura do Corán. Insisto, moito ollo.

Anónimo disse...

... elemental, tio Pepin, os que non estamos mais distantes que en pequenos matices de forma (e nalguns anos, helas!)... pois acabamos por reconhecernos inevitablemente...

Que se saiba ademais que o tio Pepin é un estupendo poeta e mais que avisado lector ainda que no de Jaureguizar estou mais ben do lado da opinion do pecador arrepentido, meu senhor Zacharias (sen ter lido todo Jaureguizar, nin ganas, a verdade). Saudoo como asiduo desta tertulia e, sabendo que el o é en modo silencioso desde hai tempo, requiro pola sua parte algunha que outra participacion de cando en vez. A sua opinion é sempre un elemento de xuizo valioso (para min e para quen o conhece, polo menos).

Outra das minhas topicadas salutacions: "Peut-on le rappeler avec des cris plaintifs,/Et l'animer encor d'une voix argentine,/L'innocent paradis plein de plaisirs furtifs ?" (Esta para o tio Pepin, xa embarcado no noso venturoso legno mal que lle pese.)

Se non sera por ganas de ponherse a facer a yihad como Cat Stevens (por certo: pido desde xa unha entrada ainda que sexa minima de Zacarias sobre esquerda literaria galega e etnocentrismo)... a minha cancion favorita del (de quen tampouco son fan nin moitisimo menos) é a que aparece no filme "Rushmore Academy" de Wes Anderson e o titulo da cal non recordo...

Bicos para os historicos e os novos...



P.S.: (para Manolo) ainda esperamos desde Bologna que nos contes minimamente como foi o acto de papichulo...

P.P.S.: (para tio Pepin) espero que me fagas saber se che gustou o link que che metin no ultimo correo...

FraVernero disse...

Benaventurados os que piden, porque eles serán saciados...
xD

Agardade ao fín de semana, castróns.
Bacci