domingo, março 12, 2006

After Theory - Thomas Docherty

Esta música postmoderna, compositiva, pode retrotraerse exitosamente ao Prelude à l`après-midi d´un faune, de Debussy, que deixou sentada a idea de que era posíbel compoñer sen empregar unha única, sólida clave como fundamento. A música torna, dalgún xeito, desarraigada e desterritorializada, como o escandoloso baile de Nijinsky, os movementos do cal suxerían unha orientación erótica cara o pracer autónomo do corpo implícito nunha desterritorialización. Aínda máis, a música de Debussy, tante nesta peza como noutras, como La mer, cumpre outra importante función máis tarde extendida á música do século XX: o abandono dunha progresión narrativa explícitamente lineal. O que temos aquí é unha música que prefigura os desenrolos da narrativa de autores como Joyce ou Gide, ou máis recentemente, a completa anti-linealidade dos nouveaux romanciers (Robbe-Grillet, Sarraute, Butor, Sollers, Pinget), e o traballo importantísimo e innovador de Wittig, cuxos textos esquivan as narración lineares como unha forma masculinista.
Con Debussy, por suposto, pode un engadir a Stravinsky e a Schoenberg como innovadores nos que se albisca un fugaz destello de posmodernidade. Stravinsky abandoa a clave, sustituíndo ese chan cun asentamento máis explícitamente temporal no ritmo nunha obra como Le Sacré du printemps; e Schoenberg abandoa (ao seu pesar, quizaves) a tonalidade e a harmonía. Estes son os principais feitos no denserolo da nova música e nas orientacións políticas destas obras. Atali argumenta que con Schoenberg, Berg e Webern,

a música forzou á ruptura coa tonalidade antes de que a acumulación económico forzara a ruptura coas leis da economía da representación. A harmonía -o principio represor do real-, despois de ter creado o romanticismo -o principio utópico do real, a exaltación da morte na arte- convértese na morte do arte é destruída polo real. Un exceso de orde (harmónico) dá lugar a pesudodesorde (serial). A antiharmonía é a ruptura do medre combinatorio, ruído. Ao final do significado, integra ao aleatorio, ao sen-sentido, quérese dicir... a repetición.

Para Atalli -e como se podería suxerir, para Lyotard, Baudrillard e outros pensadores postmarxistas- a sociedade actual, ensombrecida pola música da repetición, e unha na que nada pasa, 'coa excepción de pseudoeventos creados artificialmente e violencia azarosa que acompañan o poñer-en-lugar dunha sociedade repetitiva'. O clásico texto teatral aquí é, por suposto, o Agardando a Godot de Beckett, no que os silencios están puntuados por actos de violencia, e toda a peza suxire a súa propia, interminábel auto-repetición, unha repetición que se torna explícita na posterior Comédie de Beckett.

2 comentários:

Anónimo disse...

... Sir Gawain atento...

a entrada pode levarnos por terreos perigosos para ambos ainda que ti non acendes o lume na entrada e fas ben (non serei eu quen empece)...

gustame o catalogo, non me gusta o lineal-teleoloxico, pero todo pode discutirse... (xa falei disto con Pepin)...

Deixei unha entrada fustigadora, ablativa, falocéntrica e demais no post anterior.

Bicos, Manolo,

pronto teras un agasallo para o blog...

entre tanto hoxe envio texto que necesito leas o mais urxentemente posible...

N.

FraVernero disse...

Okiz, mourelle. Brevemente, que estou nun ciber, cartos escasos e listo para ir correr.
O texto lerase mañá -exactamente, de 10 a 11, a hora libre para fedellar nos computadores de filoloxía.
Mal que me pese, os posmodernos arrástranme ao seu redil. Pena que o formato blogueiro non permita entradas máis extensas, porque o último capítulo deste libro ('Postmarxism') é unha interesante defensa e análise da bancarrota do vello e da pescuda dun novo por aqueles que non se riden aos espectros neo-liberais.
Un entusiasta o Docherty de Lyotard, Baudrillard, Vattimo et alii. Nembargantes -como de costume-, nengunha proposta de pólítica práctica para acabar co sistema, cousa que á miña mentalidade pragmática lle provoca arreguizos de frustración.
Por certo, o Chris Norris que tanto me criticas -ese tan especialista en Derrida- tenme defendido en correos con moito entusiasmo a este homiño...