sexta-feira, janeiro 04, 2008

Fernando Solanas sobre Bos Aires

Con perdón de Débora, e antes de comentarvos os libros que estiven a ler e que mencionara na entrada anterior, non me resisto a colar esta sátira incisiva de Fernando Solanas que aparece, acompañada de compases barrocos e imaxes monumentais, na primeira parte de 'La Hora de los Hornos' (máis concreto, na sección 4. La Ciudad Puerto). O texto é despiadado, cómico e rancísimo...

Buenos Aires, epicentro de la política neo-colonial. Ciudad blanca de una América mestiza. Ciudad crecida a expensas del país. 7 millones de habitantes, 1 millón de extranjeros. La mayor ciudad de habla hispana y de América Latina. La quinta ciudad del mundo. Buenos Aires, ciudad-apéndice de las grandes metrópolis. Aquí un gaucho es tan exótico como en París, Londres o Nueva York. Ciudad de funcionarios, profesionales, administradores de colonos, intermediarios de colonos, capataces de colonos. Cuna de la gran clase media, el ‘medio pelo’, hasta ayer instrumentalizada y protegida por la oligarquía, hoy debatiéndose en el mayor desamparo de su historia. La pequeña burguesía: eterna llorona de un mundo perturbado. Para ella el país es intolerable pero, a la vez, inmutable; el cambio necesario, pero a la vez, imposible; cuidadosa del estatus, del prestigio, de las ilusiones vanas. Atenta para informarse y copiar la última moda europea; solazada por discursos edificantes: psicoanalistas, tele-teatros con moraleja. Buenos Aires: ciudad de espaldas al país abierta hacia el gran río. Aquí las estatuas merecen más desconfianza que respeto. Sede del gobierno, de la bolsa, de la curia, de las agencias informativas, del comando en jefe del ejército, y del 80% de las bandas de delincuentes. Aquí está la vida intelectual del país, aquí se levantaron monumentos a quien dijo “Estas provincias desean pertenencer a Gran Bretaña, recibir sus leyes, obedecer su gobierno, vivir bajo su influjo poderoso”: Carlos María de Alvear.

6 comentários:

Anónimo disse...

que quere dicir "rancísimo"?

Anónimo disse...

Nada sabía (sei) de Fernando Solanas, pero atopo no post elementos que concordan co colombiano Fernando Vallejo de quen hai un tempo lin 'El desbarrancadero'. Tendencias?

FraVernero disse...

O de rancísimo ven da miña vella etapa de militante da estrema esquerda; alí empregábase irónicamente para aqueles que repetían o discurso 'clásico' marxista-leninista coma se fosen gramófonos, coa máxima dureza e nos contextos menos axeitados (nese senso, empregábase como crítica, como retranca e como discreto homenaxe). Neste caso, a imaxinería solanesca cumpre eses requisitos; creo que é inxusta con Bos Aires (que alén do crime, tamén debe ser a capital do 80% do proletariado arxentino), anque supoño que ten boa parte de razón no dunha cidade aillada do país e unhas élites traidoras. Iso, en todo caso, non nos sona novo por eiquí, e podería transplantarse a esa Coruña orgullosa e españolista, de língua castelá e morriñas por John Moore e por non ser inglesa; pechada e desprezadora do país, e verdadeira besta negra dos nacionalistas patriotas (como ben amosa un excurso literario coma o 'Cervo na Torre' de Darío Xohán Cabana').

torredebabel disse...

Nada que perdoar, faltaba mais!! Pino Solanas é un cineasta moi interesante e os seus últimos traballos (os máis recentes) fixeron unha radiografía fabulosa do expolio que padeceu e ainda padece a Arxentina. Bos Aires é iso, certamente. Hai motivos históricos que así o deseñaron e nos que os españois non son alleos. E logo, hai unha vontade de protagonismo que non se perde co paso dos anos. Pero Bos Aires tamén e por moito outra cousa. Haberá que vir visitala para descubrilo ;-)

Anónimo disse...

Tes moita razón no tono rancio e militante desa descripción, pero xa que se menciona a Solanas, eu aproveito para facerlle propaganda a outras duas peliculas súas, Sur e El viaje. Na primeira amosase unha esperanza, tamén rancia antes do triunfo de Menem. E na segunda descríbese a desfeita e o saqueo antes do gran saqueo de Memorias do Saqueo (xa se sabe que saquearon e siguen saqueando). Pero, bueno, eu sinto adoración por Sur, a pesares do discurso político que a impregna.

FraVernero disse...

Grazas pola nota, formiga. Terei que baixarme esa película del que mencionas. O meu óso de contención non é tanto o seu esquema ideolóxico (que con certos matices, podería compartir; de todas todas, o peronismo, aínda 'progresista', sempre me resultou moi alleo, e visto dende fóra, garda máis semellanzas co feixismo á Mussolini que con calquer outro réxime político que se me ocurra), senón o excesivamente tosco ton demagóxico e reduccionista, que chega a crear un efecto cómico por momentos (certo é que a forma 'pamfleto', xa sexa cinética ou escrita, non soe prestarse aos análises múltiples e detallados, sendo como é unha forma de retórica).