quinta-feira, março 18, 2010

Arredor da poesía chinesa clásica

"A énfase no importante rol da poesía no desenrolo da vida política e social foi (e aínda é) un aspecto central da tradición poética chinesa. De feito, seguramente se trate dun erro o de que se fale en calquera xeito que sexa de 'poetas' chineses. Resulta moi dubidoso que ningún escritor chinés de poesía se vise a si mesmo principalmente coma 'poeta' no senso occidental da palabra -como un individuo cuxa función principal é a de compoñer poemas. En China, a habilidade na escrita poética non é un logro educado de verdadeiro cabaleiro; é o requerimento para a admisión a tal estatus. E esta convicción foi institucionalizada de xeito permanente e regular a comezos da dinastía T'ang, cando a composición en dous xéneros poéticos (o fu e o shih) pasou a converterse nun requisito necesario para os exames públicos de acceso ao funcionariado.
A institucionalización da poesía, tanto idealmente coma a característica distintiva dun cabaleiro habilidoso coma de xeito práctico como un dos requerimentos do oficial de éxito, pasou a definir de xeito moi estreito o público para a poesía tradicional chinesa. Do mesmo xeito que a antoloxía Shih-ching constituíra o currículo base para Confucio e outros diplomáticos do periodo Zhou, igualmente continuou (xunto con outras seleccións posteriores de poesía) a formar parte do temario das oposicións para o servizo gubernamental. Malia que o currículo mudase de tempo en tempo, era considerábelmente uniforme para calquera xeración concreta de autores. Estes compartían unha educacion uniforme e uns obxetivos de carreira comúns que, tomados en conxunto, os definían coma un grupo social e literario -os literatos- que deu lugar a unha clase distintiva moito máis perdurábel e cohesiva do que calquera grupo similar da nosa tradición occidental".

3 comentários:

Anónimo disse...

algo editado en galego?
Saude.

FraVernero disse...

Recente, témome que non (que eu saiba). De literatura chinesa en galego só me consta a existencia dunha antoloxía de contos, en Xerais, chamada 'Flores e leña. Narración chinesas contemporáneas' (colección Montes e Fontes). En poesía, antoloxías e poetas da dinastía T'ang son atopábeis en castelán (Tu Fu, en Hiperión, ou unha antoloxía deles en Visor) mais en galego non me consta nada (hai poemas vietnamitas, iso si, de Ho Chi Ming, en traducción dende o francés de Neira Vilas).

FraVernero disse...

2 cousas máis en castelán: a novela cásica de Wu Cheng En 'Viaxe a Occidente' / 'Mono' está traducida nun voluminoso libro por Siruela. Tamén é posíbel topar unha traducción algo vella do Shih Ching baixo o título 'Romancero Chino'...