sexta-feira, agosto 12, 2005

Airas Nunez

Unha das xoias da nosa literatura medieval:


Bailemos nós ja todas tres, ai amigas,
so aquestas avelaneiras frolidas,
e quen for velida como nós, velidas,
se amigo amar,
so aquestas avelaneiras frolidas
verrá bailar.

Bailemos nós ja todas tres, ai irmanas,
so aqueste ramo d’estas avelanas,
e quen for louçana como nós, louçanas,
se amigo amar,
so aqueste ramo d’estas avelanas,
verra bailar.

Por Deus, ai amigas, mentr’al nom fazemos,
so aqueste ramo frolido bailemos,
e quen ben parecer como nós parecemos,
se amigo amar,
so aqueste ramo, sol que nós bailemos
verra bailar.

3 comentários:

seneschalkay disse...

¡Estamos de Volta!
Despois duns seis meses de aparcadoiro, esta bitácora volta a andar. Quizaves sexa empregada como plataforma do Comparatismo, ou quizaves languideza con entradas ocasionais, dado que o seu administrador conta agora con nova casa.
Xa veremos...
Nembargantes, algo de volta terá que haber.
Para os interesados, rescatáronse os antigos comentarios e debates que suscitaran algunhas entradas.
Un saúdo.

eue disse...

Adoro os trobadores. As cántigas de Códax, interpretadas por formacións do mundo enteiro, están entre as miñas pezas favoritas. Non se por que non se estuda a letra conxuntamente coa música na aula.
Fermosa estoutra casa, que non coñecía

seneschalkay disse...

Pois xa ves, meu rei. Por aquí andamos. Ou mellor dito, andivemos no pasado.
Estou aínda a cavilar como reutilizar este espazo, despois de tantos meses e agora que se presta para o rescate. Acéptanse ideas, por suposto, incluíndo a de ser un deses blogs de colaboración. Alguén rumoreou algo de blogs oníricos como proposa túa. Tamén podería ser o caso, sempre e cando estexades interesados...