sexta-feira, setembro 19, 2008

Apocalypse Now!

"El mineralismo va a llegaaaaaar" F. Arrabal Na lóxica perversa dos memes, é a miña obriga continuar a cadea que a Raíña Vermella guindou sobre mín, malia que desta volta o interrogatorio se reduza a cinco breves preguntas-respostas sobre qué facer se o mundo rematase mañá, e un estivese ao tanto. Vexamos... 1) Qué canción che gustaría escoitar? Home (ou muller...), non creo que estivese no mellor dos humores para porme a escoitar música, anque algo apropiado sería 'It's The End of the World As We Know it (and I Feel Fine)', de REM. A miña fixación persoal é coas misas de Réquiem, mais xa abondaría de dramatismo dada a situación... 2) A qué libro lle botarías un ollo? Tería que ser algo breve, quizaves poesía, xa que non é asunto de comezar a lidiar coa 'Busqueda do Tempo Perdido' ou 'Os Miserábeis' cando só contas cun par de horiñas. Algo de Rilke, seguramente os 'Sonetos a Orfeo'. 3) Con quen che gustaría falar? Ocórreseme algunha que outra rapaza... 4) Qué che gustaría comer? Toda a trapallada da cociña híbrida anglosaxona, da que son un case único defensor. A ultrasaturación calórica perdería importancia ante a queima global e inminente de graxas, polo que uns cantos Roasts, 2 ou tres curries, unha bandexa de mince pies, scones con clotted cream, muffins e brownies. 5) Qué farias e qué che quedaría por facer? Soterraría ben fondo unha copia en formato electrónico con toda a gran literatura e arte humanas, gramáticas de tódalas línguas, e unha foto ben grande do Mantedor. Por se outras futuras civilizacións alieníxenas o rescatan. Cuestión de vaidade persoal e da especie. Por facer quedaría a Revolución, anque dado o contexto, tampouco ía ser xa moi necesaria... A quen lle paso o castigo/testigo? Evidentemente, a ex-maré aberta e moitas máis bitácoras, agora transmutado en Emaín; ao Moncho amigo; ao vento furacanado do Suroeste; á tobeira raposil; e á miña replicanta favorita.

4 comentários:

A Raíña Vermella disse...

Podo cambiar? Pídome tamén os muffins e os brownies en vez das madalenas. Eu tamén pensei nun réquiem como banda sonora, pero xa é demasiado teatral. En todo caso o de Fauré, en plan tranqui.

Leopold Bloom disse...

Vaites, Rilke, eu case as Elexías... Sí, extráñase a noite compostelana, moito máis cool e alternata, aqueles chocolates con nata, ah " tempus fugit".

fgul disse...

pufff... "dificil me lo pones"

...a ver que se me ocorre.

Raposo disse...

Ben, prométolle facer os deberes coa dilixencia que o tempo libre me permnita.