A escrita deste tempo pasado recoñeceríase ben baixo un sub-título de orixe ciceroniá: De Amicitia. Novembro foi un mes prolífico en entradas, aguilloado a facelas polos comparatistas boloñeses que disparaban as súas frechas dende lonxe, coma Febo Apolo, esixíndome cousas. Entre as 'comandas' está unha imaxe de Savonarola (meses despois tiraría unha foto baixo a súa estatua ferrarense), unha tradución dun poema de Wallace Stevens e unha homenaxe a John Keats, cuxa tumba do Cimitero degli Inglesi foran visitar os camaradas. Polo medio hai tamén algunhas entradas humorísticas, incluída unha fantasía cromática inspirada nesta escea de 8 1/2 de Fellini...
Naqueles días saía tamén do prelo o primeiro libro de poemas do bo amigo Ramón Blanco, Orfeu en Soños, e daba comezo unha presada de entradas-homenaxe que acompañarían ás presentacións e recitais do volume, en en homenaxe do cal, e do aniversario do seu autor, que cumpre en Novembro, ei ler hoxe algúns poemas ao chou nesta tarde mol e grisalleira que se presta a nostalxias varias e a lembrar as boas e vellas amizades a carón dunha taza de chá anisado (vai tempo que renuncei ao alcool...).
Sem comentários:
Enviar um comentário