Vai un par de días chegaron á súa fin as sesións lectivas dos cursos de inglés que, por segundo ano, estou a impartir na EOI de Noia. O ano que ven é case seguro que vou estar noutros lares e con outros alumnos. Botando a ollada atrás, podo dicir que este bienio recente foi enormemente satisfactorio a nivel académico e persoal, e que o ei de botar moito de menos, xunto cos seus estudantes, e gardar na memoria xunto aos instantes felices no locus amoenus e paradiso pechado das lembranzas.
Mais non é aquí o noso sitio, coma dicía Netzahualcóyotl, ou All Things Must Pass, coma cantaba George Harrison, na súa vea de predicación budista. Xuntando fermosura con impermanencia, velaiquí tedes este vídeo encol das Mandalas de Area do Tíbet, que tamén visionamos nos derradeiros minutos da materia...
Sem comentários:
Enviar um comentário