Entre os libros que estou a ler estes días, e con moito proveito, está Urban Myths about Learning and Education, de Casper Hulshof, Paul Arthur Kirschner, and Pedro De Bruyckere. Entre as moitas cousas de proveito, tiro as seguintes, que vos traduzo a continuación:
Se podemos consultar a información, é importante o coñecemento?
De feito, necesitamos máis información para aprender e aplicar as destrezas que necesitamos na nosa sociedade do coñecemento. E as destrezas que necesitamos tamén temos que aprendelas!
O coñecemento é tan perecedeiro coma o peixe fresco
A cantidade de información que chega a nós diariamente está a medrar a un ritmo cada vez máis rápido, pero o coñecemento que necesitamos para entender e interpretar a información é aínda bastante estable. Malia que o coñecemento en algúns ámbitos certamente medra e muda, é mais importante ensinarlle aos nosos estudantes a lidiar cos cambios que a que vexan o coñecemento coma carente de importancia!
Aprendes mellor se descubres as cousas por tí mesmo en vez de que chas expliquen outros?
Hai tantos fervorosos partidarios da aprendizaxe por descoberta coma detractores que defenden que é un mito. Os dous teñen razón ata certo punto: a descuberta 'pura' non funciona, pero a indagación pode seguir sendo efectiva co apoio e a guía axeitadas; canto máis novato sexa o aprendiz, máis importantes son o apoio e a guía, ata o punto que a aprendizaxe por descuberta transmuta eiquí en instrucción baseada en bos exemplos.
Podes aprender de xeito efectivo mediante a aprendizaxe baseada en problemas?
O emprego de educación baseada en problemas para aprender coñecemento novo non ten un efecto positivo. Hai efectos positivos se empregas a aprendizaxe baseada en problemas para explorar a maiores e lembrar algo que o estudante xa coñece.
Sem comentários:
Enviar um comentário