quinta-feira, junho 23, 2005

Poema de Noel Blanco Mourelle

Eis unha pequena mostra dos versos de Noel, poeta novo e prometedor que confío dará moito que falar nas nosas letras. Este poema é o primeiro do seu libro "Mecánicas Celestes", que agardo teñades a oportunidade de ler (ou mellor, degustar, como os bos viños ou as verdadeiras obras de arte):

O pesadelo do debuxante

¡Visións estrañas! Tanto tempo levas
nos ollos ese medo como a luz
illada no profundo do faiado.
Ás veces a nenez, baixo a apariencia
dunha cosmogonía escura, volve
a fin de mesturarse co presente:

a catedral que esmorece nos ecos
da violencia do río, da estación.
E na noite aparecen elas como
a voraz primavera da blasfemia

que invocan -belas, místicas, terribles.

De súpeto a man sobre un fondo negro;
quizais ese lento e grande animal
devore tamén a culpa do artista.

29 comentários:

S O S disse...

Vouche ser sincero: Nom está mal o poema; aínda sabendo que moi possivelmente o meu sentir (pouco elitista) nom me faga percatar da maior parte das intertextualidades, referencias e palhas semelhantes que nele estám contidas. Insisto: nom está mal o poema; quizaves falta (e digo eu) algúm verso noutro idioma ou algún nome dum escritor pouco reconhecido e/ou apreciado neste nosso decadente (sic) sistema literario. Antes de ir botar umha soneca nom me queda mais que voltar a defender (mais umha vez) "os poemas da cidade oculta" aissssssssshhhhhhh; por qué senhor Creus voçé nom abreu caminho? Outros seram quem o faga, pero teram-se perdidos anos marabilhosos. XD Eu olho desde fora da batalha, tal os covardes fam, tras as letras, tras as palavras. Um bico!!

Dr Feelgood disse...

Tampouco é tantísima cousa como pregoades....Un poeta máis.

S O S disse...

ou um poeta menos; quem sabe? Um bico

seneschalkay disse...

Homes...
Para ser un dos poetas novos, ao meu entender é bastante bo.
Tampouco é este dos seus mellores poemas, anque sí dos máis 'asequibles'.
Quizaves detro duns días poña algunha outra cousa del (anque antes Outeiriño e María do Cebreiro reciban o seu lugar baixo o sol -deste blog, enténdase).

Anônimo disse...

CLASH BY NIGHT:

trátase dun pésimo poema, isto non merece maior comentario (as estúpidas maledicencias dalgúns, afortunadamente poucos, novos poetas pseudointelectuais non o farán mellor). O que máis me interesan son as actitudes tipo principe di Salina deste blog e de quen sempre aparece exaltado nel. Pode de verdade construírse unha cultura nacional (a mesma de nacionalismo progresista que se afirma na inclusión dos vínculos) con eses vimbios? E non será unha contradición aspirar a bardo do metarrelato da cultura nacional nos convivios arredor da gloriosa ola da camaradaxe (apertas amorosas e nocturnas con poetas si exitosos) lendo a Holan e ó infame Trotski (deixémolo ir) debaixo da mesa para que non se enteren os sumosacerdotes. En canto ó tipo do poema (ese tal Noel do que xa me falaron unhas amigas da facultade de xornalismo), sinceramente, merece algún tipo de comentario? Quen é?, a quen lle importa? O seu discurso de pose intelectual non o inventou el, a acumulación de saberes mal dixeridos e peor aplicados que crean unha liña de pensamento caótica e estéril xa foi unha das cualidades que mellor definiron a Vicente Risco (tanto aquel sórdido e último como incluso cando era alguén). Todos sabemos onde acabou Risco e aínda que non lle desexo a mesma sorte ó autor do poema non podo menos que abominar de certas lecturas que teño oído que defende como aquel FASCISTA que foi Pound e aquel confuso marxista que foi Benjamin (por non falar das equívocas ideas de Adorno mantidas durante anos polo departamento de estado norteamericano).

Os poemas de Outeiriño e de María do Cebreiro merecerán pola miña parte mellores comentarios,

a moza dos xacintos.

Dr Feelgood disse...

Un valium, plis.

Ajarradevos que isto vai ser unha rompente.

seneschalkay disse...

Isto vai para a 'moza dos xacintos'. Vaiamos por partes, como dicia Jack o Destripador.
O autor deste blog síntese adulado na comparanza co Príncipe de Salina. Un considérase un intento de escritor en cernes, pero se lle colgan xa pedrigrí,encantado. Pena que non escribise máis Lampedusa.
'Pode de verdade construírse unha cultura nacional con eses vimbios?'. Creo que a pregunta é capciosa, mais se tivese que reformulala, preguntaríache máis ben: ¿é posible construírse unha cultura nacional en serio con eses vimbios?'. Porque cos 'vimbios' que se empregan a miúdo, o único que se pode facer é un discurso dogmático e rancio ao que alomenos eu non estou pola laboura de apuntarme. Para xogar a xefe de secta estalinista xa hai demasiada xente, paréceme...
Canto á presunta contradicción entre a ola de camaradaxe e os poemas de Holan, non creo que sexa real. Sen ter demasiados méritos, o asinante destas liñas cre quenon ten nada que envexarlle a ninguén no referente a compromiso co país, dende a L.O.U., 'Nunca Máis', militancia política... Niso tamé teño un pedigrí bastante alto e demostrable. E non me impide ler boa literatura, nen me obriga a esconder simpatías por Trotsky ou por Pound. O das apertas nocturnas, ¿pretende ser unha 'estúpida maledicencia' das nosas? Certo que aocontrario que a maioría dos nosos críticos, confeso escasa 'visceralidade' en mín. Non teño ecesidade (nen o fago) de odiar a persoas que escriban e teñan outras liñas poéticas. Nin en abrazarme a eles para festexar a caída do Fraguismo. Ou en traelos a recitais. Quizaves unha mentalidade dogmática custe de aceptar isto, pero así é.
Canto a Noel, 'Quen é?', pois un rapaz extremadamente culto e intelixente que escribe poesía. 'a quenlle importa?' Él concretamente non tería que importarlle a ninguén alén dos seus amigos (cousa que non parecen entender os que lle critican). Os seus poemas, que circulan polas librerías e algúns blogs, a quen os lea. Dubido que este rapaz sexa unha serie de remexidos e poses, ou (horreur!) un futuro Risco. Canto ao 'fascista' Pound gustaríame citarche uns versos que están na lapela da primeira edición de 'Polvora e Magnolias' (aquela tan chula de papel de estraza) na que dí Pexegueiro aquilo de: "amigo, / nado no crepúsculo, antre / Ezra Pound e Marx, / coma sedaque non detén / o berro da gorxa,". ¿Ou son tamén Ferrín e Pexegueiro unha panda de fascistas pechados na súa torre de Almafí?
Se me permites unha última cousa, os teus comentarios sobre Benjamin e Adorno son o que se diría 'rancios'. Ese 'marxista confuso' que citas é a base de toda teoría literaria marxista, entre outras cousas (ou Eagleton e Jameson tamén son uns 'confusos'? Tamén serán logo... E ¿a quen nos queres vender logo? ¿a Lukacz?). A Escola de Frankfurt e Adorno, ¿son lacaios do departamento de Estado?. Vaia, teremos que refuxiarnos no meu señor Mao, como un río, atravesando os dentes de Heráclito. ¿Zhadanov e os do Congreso do 34 que chamaban a Joyce 'literatura da bacenilla'? Pero claro, efectivamente é basura pequeno-burguesa de contrabando. Beckett tamén de paso: é un pesimista (ergo, traidor á Patria e á Revolución).
Sinto que non che gustara o poema. Mais sorte quizais con novas cousas, logo. Anque non creo que Outeiriño e María do Cebreiro consideren coma ti a Benjamin un marxista confuso, a Adorno un vendido axente da CIA, a Noel un pedante fascistoide e posturas e a min mesmo un personaxe de novela italiana.
Bicos mil.

Never a midnight child disse...

You gave me hyacinths first a year ago...

Vese ás claras que o pseudontelectualismo pseudorevolucionario volveu tomar a rúa. Putas por todas as esquinas en Compostela e Cospeito! Unha moza dos xacintos que non sabe ler a Pound que carallo de "cultura nacional" vai cimentar. Patética, ou patético... non sei que sexo ten.

S O S disse...

turitta ritta tarí taráaaaaaa... ette poema se vá a cagá!!! turitta rittaaaaa tariiiiiii ufffffffffffffffffffffffff mmmmmmmmmmmmmmmmmmm ohhhhhhhhhhhhhjjjj. Vaia, já cheguei. Por hoje é suficiênte.

Anônimo disse...

ben, coido que xa falei disto algunha vez, e coido tamén que mesmo co autor deste blog.
Non considero as elites nin na literatura nin noutros campos. e en canto á pedantería da que se adoita facer gala en concreto neste grupo de aspirantes a intelectuais, novos nestas facultades de letras, con algo nos temos que entreter os mortais mentres, sentados no wc, respiramos as nosas propias faltulencias. O bon é sempre a reutilización das elites para desatascar cañerías.

polonius disse...

ese é o problema da literatura galega, todo poetas de water...

seneschalkay disse...

Vaia:
pois non creo, estimado señor Momán, que teñamos o pracer de coñecernos. A miña memoria é feble, pero se ten a ben lembrarme onde foi que falamos, seguro que me volta á cabeza. ¿Non me estará a confundir con algún outro dos rapaces 'comparatistas'?
Unha pregunta: é o Momán, o escritor, verdade?
Para ser un escritor, os argumentos que me aduce arriba parecen, á miña modesta impresión, 'asaz' demagóxicos e simplistas. A literatura da bacenilla xa era (Radek dixit) a de James Joyce, á que certamente me quixera parecer se estivera nas miñas capacidades.
O elitismo imposíbel que predicaba Nietzsche tampouco creo que sexa parte do noso proxecto. Se entendemos por 'pedantería' un coñecemento (sempre limitado) dalgúns referentes literarios que se asumen como importantes, pedantes seremos. Enfín...
Contodo, apelaría a algo máis de razón e un chisco menos de víscera e escatoloxía nas nosas críticas. En contra do fresco que se quere pintar, somos persoas moito máis dialogantes e respetuosas que os que se opoñen a nós

polonius disse...

O que me pregunto é a qué se refire Momán cando fala "en concreto, neste grupo de aspirantes a intelectuais". Logo, que coñeces deles?

Anônimo disse...

será logo que non nos coñecemos. Coidei que polo túa defensa acérrima da obra de Noel, eras quen non debes ser. Todo é posible.
polo demais, o que dixen foi pensando en que sabía con quen estaba a falar, e que dita persoa lembraría a discusión de hai tempo, polo que collería o fío do discurso sen necesidade de afondar máis no tema.
Polo demais, e semmpre resumindo moito moito, eu defendo a postura de facer unha literatura que se achegue ás necesidades dunha sociedade concreta, sempre respectando as particularidades que o autor desexa imprimir á súa obra.
Os efectos desa pedantería insana xa son coñecidos por todos e recoñecibles pola escaseza de lectores/as, polo culto ás culturas mortas (nun país como o noso que promociona aos mortos como se non existisen vivos aos que dar saída).
temos unha cultura agonizante que non se vai salvar por moitas referencias bibliográficas e autorais que queiramos deitarlle en riba.
paréceme triste que non sexamos quen de ver máis aló do noso ego, e que tan só sexamos quen de pensar en demostrar as nosas luces intelectuais, feito que por outra banda denota as nosas propias inseguridades e prexuizos, ao non ser quen de ser nós mesmos sen preocuparnos do que de nós se diga.
Sodes moi libres de ser como sexades, e pido desculpas por cuestionar a vosa postura. Así mesmo podedesvos considerar salvadores da cultura galega, sempre para os catro que se aburran o suficiente como para ler o acumulo de palabras bonitas, sen contido, que esteades dispostos a escribir.
unha aperta

seneschalkay disse...

Boas de novo, señor Momán:
(en vista de que empregas o tuteo na túa resposta, paso tamén eu a emprestalo, logo).
Non tes que pedir ningún tipo de desculpas por cuestionar a nosa postura. Ao contrario, quizaves será cousa da idade (aínda me considero novo), mais sempre parto que nunha discusión (racional e de boa fé) con outra persoa, sempre hai que partir de que podes aprender cousas, e o necesario carácter temporal e relativo de toda postura.
Se un dos rapaces cos que falaches era escritor e amigo de Noel, non dubido que aparecerá por aquí e poderá continuar a discusión onde a deixárades.
Pola miña parte, paréceme que plantexas a discusión dende uns postulados aprioristicos con respecto a nós. "eu defendo a postura de facer unha literatura que se achegue ás necesidades dunha sociedade concreta". E nós tamén. Outra cousa sexa o que se entende por esas necesidades. Unha mala utilización dese discurso, na pescuda dunha poesía engagé, 'arma carregada de futuro' desemboca ineluctablemente, ao meu ver, na continuación de Celso Emilio (aínda bueno...) e do peor do 'realismo social'. Porque a literatura non é unha simple mímese da realidade, como quería Aristóteles, nen unha fiel escrava da ideoloxía e reflexo da Superestructura (como diría un teórico literario marxista dos rancios, non dos heterodoxos). Haille que recoñecer ao literario a súa autonomía, sen obstáculo de que a literatura se fai nunha época concreta para unhas persoas concretas.
E sempre me gusta citar o caso de Ferrín. Porque o Ferrín pode ser de todo, e moi comprometido. Pero está inzado de referencias 'bibliográficas e autoriais', culto a persoas mortas e escaseza de lectores (xa que o lector medio das nosas letras, profesor de instituto de galego, soe comentar aquilo de que 'o Ferrín é un rollo, nin diós entende iso). Unha ollada a 'Tito Lucrecio Caro', a calquera poema de 'Con pólvora e magnolias', ao 'Sirventés pola destrucción de occitania', todas obras magníficas, fanse tamén logo acreedoras logo da mesma crítica que nos fas,¿non?.
E consta que non pretendo compararnos a Ferrín, grandísimo escritor e moi por riba. Collamos outros exemplos e temos un Cunqueiro ou un Otero Pedrayo. A miña impresión é que, á súa forma, conducen polo mesmo camiño.
Para rematar, só dicir que eu considérome perfeitamente eu mesmo lendo o mellor da literatura nacional e internacional, e creo que sen complexos. Non me considero salvador de nada ?(anque gustaríame na medida das miñas habilidades tentar aportar algo ás nosas letras, ao noso pobo e ao noso país; algo de interese). E dubido que o que eu ou os meus compañeiros escribamos sexan catro palabras bonitas. Podémolo discutir con textos concretos.
Unha aperta

seneschalkay disse...

Unha última cousa:¿cres que Outeiriño, por exemplo, un poeta ao que admiro moitísimo, lle chega doadamente non xa un un lector leigo senón incluso a persoas bastantes versadas nas complicacións e labirintos do poético? Eu, dende logo, son o primeiro en recoñecer que, co moito que me gusta, só me debo enterar da décima parte das cousas, con algo de sorte.

S O S disse...

Uf! Nom sei moi bem o motivo; pero estou completamente dacordo com Alberte moman!

une passant disse...

Queridos Albertiño e atuarisa,

Toman os poetas as augas en Baden-Baden ou están ó servizo dunha cultura nacional?

O poeta é a voz do pobo, respondamos.










Está ben a cita, non si?

A que resulta sinxelo identificarse con ela?

Pois é de Primo de Rivera.

Podería dicir que sodes incapaces de comprender os movementos de mercado e a dialéctica dun sistema cultural periférico ou emerxente (Godzich, Spivak). É obvio que o voso garabanceirismo intelectual (xa estou escoitando as absurdas bromas, que se os garabanzos están moi ricos co chourizo... he, he, he) non ten necesidade de ser desmontado porque se lle pode aplicar aquel principio textual establecido por Derrida de que a desconstrucción está presente no propio texto. Preveo un eixo intelectual importante entre as perruquerías e os tobos onde queira que se agochen os renegados das sectas (como se vive extramuros, monsieur Momán?).
O poema de Noel Blanco Mourelle desacredítase por si só porque non consegue o que pretende e resulta dunha mediocridade espantosa case superior ou cando menos equiparable á anorexia intelectual dos vosos comentarios.

bicos

Sir Gawain disse...

Saúdo a intelixencia nas palabras de David Souto aínda que lamento que xunto con tres poetas da estatura de Javier Patiño, Adrián Álvarez e máis el, apareza o mediocre Noel Blanco Mourelle (supoño que será cousa dunha amizade agora un tanto embarazosa para estes tres poetas). Agardamos con impaciencia a súa lúcida palabra en GALICIA HOXE e agradecémola aquí por aclarar os conceptos dun xeito absolutamente necesario. Polo demais, unha medianía de poema coma este non merece tanta letra (non serán demasiadas "alforjas" para tan pouca viaxe?).

juorkinprogres disse...

AKI TODOS A LER A ESTEVO KREUS E A ESTIBALIZ ESPINOSA, A PARELLA LESBIKA DA LITERATURA JALLEJA

DEIXADEVOS DE TANTO POUN E LIXO E LEDE A ESTES DOUS KRAKS DE PEIXEIRIA FURADA

Anônimo disse...

cantas cousiñas!!!
agardo que a prepotencia das vosas análises de vieiros... sexan tan só un espellismo, pero coitados, lembrade que todo iso é a vosa imaxe cara o exterior e polo que seredes avaliados.
venm Ferrín, Chus Pato... o mundo está cheo de incoherencias, as redes non son unha excepción, como extensión da FPG.Pero por iso mesmo son grupos que non cumplen a súa función, nin a de servir de asociaciín de base da organización política, nin a de crear un ambiente cultural activo.
en canto ao resto, eu digo, coma vós, canto me parece e como me parece, e coido que quedou o suficientemente claro como para non ter que repetirme.
se tanto falades de facer cousas novas e non manidas, facedeas que carallo!!!
pero paréceme curioso que se me acuse de manifestar certos dogmas de fé, cando pasades o día a cuestionar, segundo un criterio ben pobre, a todo san dios.
faime ghrasia, pero sa vou un pouco farto. unha aperta.

S O S disse...

Senhor Souto: O feito de enquadrar-me a mim na, como vos lhe chamades: "poesía da barricada" soamente denota o total desconhecemento que voçé tem de mim e do que eu fago" Seja como for; eu nom conheço nengum escrito seu, é mais; adiquei umha tarde (hoje nom sei se se repetiría) a pegar cartazes anunciando um acto vosso organizado polo Colectivo Sacou. Insisto que nom é pessoal, nem político; simplesmente literario. Um poeta terrivel (pero isso nom fai falha que o diga eu. he. A este tipo a historia nom o absolverá!) é o Patiño. Soamente lim três poemas dele pero som atrozes. Que queres que che diga? Estam completamente exentos de qualquer contido poético. Mais bem semelham umha lista da compra... Esta é a minha opiniom ao respeito. No que se refire a Noel pois nom gosto muito dele; reconheço que é umha questom de gostos e aínda que nom me sinta, para nada, identificado e tampouco esté de acordo com a sua linha pois, até certo ponto, podo chegar a respeitar a sua obra, nom sei, gostar nom me gosta. No que a tí se refire, pois meu rei; som um total desconhecedor da tua obra. De todos os jeitos; estamos falando de poesía ou de crítica???? Nom estou na poesía da barricada, nem da cona, nem na do rabo levantado que vos defendedes!! Busco um produto; nom me interesa se o Patiño é mais ou menos inteligente!!! Isso deixo-lho para o seu curriculo. E nom mo tomem a mal; por favor! Nom é pessoal. Insisto: somentes em tempos de guerra estaría disposto a fazer o que com Pound (nunca a mao lhe doiam).

seneschalkay disse...

Boas a todos:
vexo que a torrenteira que seguiu á miña segunda resposta ao señor Momán probablemente o desanimou a facer unha resposta máis pormenorizada dos varios puntos que lle propuña para discutir. Doutra, creo que atopou ao seu antigo conversador perdido. ¿Eras tí, Souto?
Gustaríame animar á continuación do debate, iso sí, procurando todos ser un chisco menos viscerais e 'estupendos', único xeito de poder quizaves aprender dos outros (sempre que se asuma, claro, que do outro tamén se pode aprender).
Canto ás entradas no foro 'poesía nova' de vieiros, eu creo que case todas as comparatistas (que son miñas) están feitas con infinito tacto e bastante boa educación. Sobretodo porque o nivel de réplicas soe quedar nunha sarta de insultos soeces e ameazas.

S O S disse...

uffff manolo! Estou canso!! Eu mais nom escrevo!!!! um bico!

David Souto disse...

Para rematar, pois vexo que as galiñas deste humilde galiñeiro cacarexan e nada máis. Señor Momán, no que respecta ó que vostede di non o vin en ningún foro nin en ningún sitio meterse coa xente respetable, sobre todo coa da súa seita (e iso que recordo as súas lúcidas palabras na polémica das redes)¿Que propomos un dogma? Cansámonos de repetir que pedimos diálogo o que non quita que, prepotente que son, pense o que eu e outra xente fai sexa do mellor que se escribiu nesta mediocre literatura. No que respecta a que si tanto falamos fagamos cousas novas, dicirche que si as facemos e as temos ben feitas no caixon. Si o pouco que coñeces non che gusta criticao con argumentos. Eu podería fazelo cos teus textos e creo que de xeito indirecto os fixen. Mentres tanto seguide gabándovos os uns ós outros, entrando pouquiño a pouco no xogo institucional e proclamándovos libertadores. Pero é consolador pensar que entre vos e nós hai unha diferencia, ¿tedes vos máis lectores que nós, algunha porción do tan chamado pobo? Non, poesía de taberna e non para lectores senón para escritores que por levantar unha estrella pensando nos caraveis vermellos elévanse por enriba do ben e do mal. É unha mágoa Alberte que non esteas diposto a discutir, e perpetúes a liña máis rancia dos que nesas escadas sempre xerárquicas están por enriba túa.

Querido atuarisa, coido que isto comeza a ser preocupante. Non entendiches nadiña. Efectivamente andiveches pendurando carteis e como individuo merécesme o maior dos respectos. Coido que é evidente que as miñas críticas non van dirixidas á túa persoa e nin tan sequera ó teu sustrato poético. Ti es o que descalificas por descalificar, corréndote cando queres co exotismo chines (que debes saber é un dos moitos principios rectores, pero quizais dos máis importante, do admirable Ezra Pound)e dando como único argumento un sintagma que de tan chabacano é gracioso: "os do rabo ergueito" Se queres isto podería tornar un lugar de verdadeiro diálogo pero argumenta. Volvendo ó dos carteis, queres pleitesía eterna, rendemento e sumisión ou verdadeiro debate. Como me soa isto ó mais rancio do noso mundo institucional. ¿Poeta de barricada? Polo pouco que lin e polo que dis, por aí van os tiros. Quizais sería máis apropiado, con todo o meu respecto, poeta acomplexado. Efectivamente, Javier Patiño é un poeta atroz, fantasticamente atroz; o tempo falará, quizais algún día gabes a paciencia de quen podería desmontar todo o teu discurso con tres sintagmas, a benevolencia incluso de quen perde o tempo con boa intención en debates que non levan a nada porque non son debates, senón (excluíndo ó senescal)reunións de acomplexados. Falamos idiomas distitos. De todos os xeitos non quero caer no teu mesmo xogo, se queres na miña próxima intervención explícoche polo miúdo por qué eu creo que os poemas de Javier Patiño son do mellor que se escribíu aquí, descubrirías que non son radicais tan só a nivel literario (no sentido restrinxido que entendo lle outorgas a literatura) senón tamén a nivel social. Deberías repasar os teus coñecementos arredor do concepto de ironía.Riraste de ti mesmo.

Unha aperta

P.D. Para Momán ¿Vieiros? Que eu saíba alí só participou o seneskal e dun xeito totalmente respetuoso como acabo de comprobar. Gustaríame que me informases as partes dese foro das que sacas tan esquizofrénicas conclusións. Un pouquiño de seriedade, tan só un pouquiño...

Dr feelgood disse...

Sede un pouco máis concisos nas réplicas. Nótase que sodes poetas culturalistas: para chegar ao miolo dadeslle mil voltas á barra de pan.

Anônimo disse...

meu rei, do que me acusas, ti que participaches das redes, puidéchelo ter dito nas asembleias, e non quentarme a min a cabeciña con caralladas das que nada teño que ver... (hai xa case dous anos que non participo das redes, despois de anunciar formalmente a miña renuncia).
Polo demais coido xa ter manifestado as miñas impresións e non creo que, ate onde a min compete, teña moito máis que dicir. Polo demais, sodes libres de marcar as pautas do que debe ser boa ou mala literatura, (aí a ofensa e a prepotencia), pouco imposta a estas alturas. Pero polo que a min respeita, pouca diferencia vexo entre vós, e o voso odiado Fernán- Vello.

Anônimo disse...

meu neno,
en canto ás críticas, alédanme as críticas da miña obra. Aí a tes cébate se o consideras oportuno. Polo que a min respeita, saquina do caixón e asumo a responsabilidade.

david souto disse...

alédame o respeto do teu comentario, non tanto a persistencia do defecto de sempre, moito falar e nada, ningunha solución, nen sequera ningún argumento para xustificar a túa posición. Debe ser que estás moi familiarizado coas teorías de Austin e Searle (performatividade...) ¿Fun eu algunha vez das Redes? Harta sorpresa, que eu saiba participei nalgún recital, convidado coma membro de Cuadrante Norte. Falamos linguaxes diferentes. Mellor será deixalo.