quinta-feira, fevereiro 25, 2010

Tarta de Mel


Porque non se trata só de comelas, senón tamén de facelas. Don Carlos falaría aí de que o traballo é unha liberación de forzas produtivas, e nun futuro, un pracer. Polo momento, o pracer é comer a tarta...

3 comentários:

SurOeste disse...

Non dá nin a receita, para que imos falar da proba...

Leopold Bloom disse...

Ten boa pinta Manolo, nestas terras a repostería é bastante escasa e máis ben pouco creativo, honremos a memoria de Don Álvaro...

FraVernero disse...

Hahahahaha

LEOPOLD, a ver cando voltas por terras galaicas. Nlagún encontro que teñamos (bótaseche de menos) prometo levarche algún doce de colleita propia...

Sul sul, proba doucha cando queiras, tamén se pasas neste caso por Outes. Canto á receita, é a seguinte:

1) Por a derretir a fogo suave 200 gr. de mel, 100 de azucre, un pouquiño de auga (2 culleres), unha pizca de sal e 50 gr. de margarina. Deixar enfriar nun bol.

2) Engadir á mezcla remexendo ben unha cullerada pequena de canela en pó, unha copiña de licor de amédoas, e un ou dous ovos. Despois engadir tamen 500 gr. de fariña, previamente misturada cun sobre de levadura. Misturar ben.

3) Poñer dous terzos da masa nunha bandexa para fornear. Enriba úntalle unha capa de mermelada de ameixa.

4) o terzo restante da masa exténdelo sobre papel para fornear, e polo enriba da bandexa como unha 'tapa', pinchándoa varias veces cun garfo ou coitelo.

5) Forno, 30-45 minutos a 175ºC

6) Por último, cando aínda estexa quente, botarlle por riba unha mestura batida de azucre 'glas' e zume de limón (2 culleradas, 100 gr.).

7) Comer!