sábado, outubro 09, 2010

E-readerízame... tamén

Seguramente lembraredes os fieis desta bitácora algúns dos comentarios e queixas que teño feito arredor dos e-books, os seus actuais defectos e elevados prezos. O problema exténdese e entrelázase co das carcasas para ler os tais libros, os e-readers, que adolecen dos mesmos ou de peores defectos.

Grazas ao descubrimento da gigapedia, estou a facerme nos últimos meses cunha biblioteca virtual bastante interesante, e que non me gorenta demasiado ler na pantalla do computador (máis cando se trata de volumes de varios centos de páxinas). Estaba a cavilar na necesidade de mercar algunha máquina lectora, e maniféstome aberto a suxerencias. Iso sí, o e-reader que me satisfaga debera cumprir coas seguintes condicións:

1) Ser moi barato. Asumo a priori unha taxa elevadísima de obsolescencia tecnolóxica para estes aparellos, o que fai ridículo gastar grandes cantidades en maquinaria que deixará de poder empregarse en menos dunha década.

2) Poder ler sen problemas arquivos en formato pdf, que son a maioría dos que descargo e pirateo. Se aínda por riba le cousas como html ou dejavú, pois mellor que mellor.

3) Capacidade de almacenamento digna. Digamos, non menos de 200 ou 300 libros escaneados...

Todo o demais é negociábel. Non necesito cores nen extravangancias, nen conexións á rede dende o aparello (sempre e cando poida meterlle dalgún xeito, preferentemente a través de porto USB, libros que consiga a través do computador), pero si que non canse en absoluto á vista, e que sexa un aparello mínimamente carrexábel e manexábel.

Any ideas?

1 comentário:

A Raíña Vermella disse...

Pois eu fíxenme cun Booq Avant, con wifi e pantalla táctil, e estou bastante contenta con el. Ten 2 GB de memoria ampliable con tarxeta SD, vai razonablemente axiña, le pdf, epub, txt, doc e coido que algún outro formato mais, podes apmpliar ou diminuir o tipo de letra, ten oscilómetro para os que, coma min, lemos na cama en posturas imposibles e é elegante e discreto en deseño. A mellor combinación para min é Booq+Calibre, un programa libre de xestión e conversión de e-books que trasforma todo en todo (pdf en epub, por exemplo) moi práctico. Detalle: non é o que se di moi barato. A versión anterior, sen wifi nen pantalla táctil, probeina da Fnac e tamén está moi ben, con todo o anterior igual, e saía bastante mais apañada. Envíoche a ligazón

http://www.booqreaders.com/en/index

Sorte!