Antes de comentar algunha das preguntas que deixábamos sen resolver na primeira das entradas desta serie, atopo apropiado empregar o recurso á auctoritas mediante un pequeno extracto dunha entrevista en Democracy, Now! do filósofo Slavoj Zizek. Se queredes disfrutar do completo parolar do esloveno, tédelo aquí.
Considérome un esquerdoso radical. Gusto incluso de chamarme, dun xeito cheo de matizacións, comunista. Mais creo que, como esquerdoso, un debe recoñecer o tamaño da derrota da esquerda nos últimos vinte anos. Esa á a conditio sine qua non dunha posíbel revisión. Ou sexa que si, alén das ideas simpáticas que suxiren persoas coma Stiglitz, Krugman, que básicamente prescriben un retorno ao welfare state Keinesián, e alén dalgunhas ideas económicas interesantes (anque non creo que sexan a solución) como a renta básica en Brasil, a cal é unha utopía de por si, penso que (ou venme a estraña e paranoica idea) quizaves esta crise foi provocada para que a xente vexa que, anque haxa unha crise, a esquerda realmente carece dunha resposta global.

3 comentários:
Visto o visto no anterior post, non sei se atreverme a opinar, igual me entra un anónimo a degüello :p
Supoño que o quid do problema é que a esquerda non é "A Esquerda" senón as esquerdas, e así e difícil dar unha resposta operativa. Tampouco sei se a multiplicidade de opcións é negativa ou se é a riqueza e a forza dos movementos de esquerdas, ou incluso un rasgo esencial.
Ai, Zizeck, que cenizo que me es...
Ah, Raíña, certamente...
De tódolos xeitos, creo que o problema é das 'esquerdas' en xeral. Evidentemente, a radical-revolucionaria veu esfarelado o seu proxecto coa queda da URSS (incluso para Trotskos, Maos, Luxemburgistas... a falla dun referente real, mellor ou peor, que 'funcionase' foi un golpe duro), mais a esquerda 'moderada', socialdemócrata, tamén se veu (e ve) afectada, nun escenario de triunfo do capitalismo e de cada día máis insistentes chamadas a modelos liberais, recurtes a todo o que cheire a keynesianismo, e xa non digamos falar de socialismo, anque sexa moderadamente e nun remoto futuro...
Agora, que Zizek é un pesimista nato... É que vive diso. O que non quita que teña a súa lucidez con respecto á esquerda. Con diversidade ou sen ela, podería artellar algo máis sólido que as desbandadas continuas nas que vive, alén de ocasionais retóricas breves anti-mercado e unha limitación real á cosmética e aos dereitos de minorías (moi louvables, pero sempre insuficientes, e limitados polo propio marco capitalista).
Aínda máis: no medio desta crise, a esquerda digamos 'non sociata', non ergue cabeza. A quen as enquisas dan unha suba de 9 ou 10 parlamentarios é a UPyD, non a IU ou aos nacionalismos esquerdosos. Unha moderadísima socialdemocracia parece a ultima ratio: "There may be hundreds of protest movements against global capitalism but there is no alternative proposal. A majority of the leftists today want global capitalism with a human face".
Enviar um comentário