segunda-feira, fevereiro 29, 2016

Libros do Mes

Seven Myths about Education de Daisy Christodoulou [E]

Sandman: Juego a ser tú de Neil Gaiman [R] [K]

*The Elegant Universe de Brian Greene [E]

*Titus Groan de Mervyn Peake

*Archaeologies of the Future de Fredric Jameson

*The New Oxford Annotated Bible with Apocrypha: New Revised Standard Version de VVAA [E]

sábado, fevereiro 27, 2016

Cefalea

Dicir que a escrita de Fredric Jameson é densa é dunha redundancia tan monstruosa como reflexionar arredor da dozura do zucre ou do salgado do sal. Porén, logo de torturar os miolos con el nesta sobremesa de fin de semana, cavilo que de agora en diante, pola miña saúde mental, o vou a deixar para os intres de lucidez da mañá, e en pequenas doses. É que os hegeliáns e dialécticos varios tenden a considerar a escuridade tortuosa un exercicio de bo estilo...

quinta-feira, fevereiro 11, 2016

Eppur si toccano

A sabedoría xeométrica convencional postula, con Euclides, que as liñas paralelas son aquelas que pertencendo a un mesmo plano, endexamais se tocan. Venme isto á cachola ao pensar nas conexións ocultas que, no plano do meu maxín, teñen lugar entre lecturas paralelas anque moi diferentes. Así, as leccións sobre escritura utópica que entresaco do Arqueologies of the Future de Fredric Jameson parecen iluminar e enriquecer dun xeito curioso a miña relectura do libro do Levítico, onde a inauguración da periodo sacrificial e de culto arredor do tabernáculo por parte dos hebreus no deserto pasa a inscribirse como literatura utópica e ciencia ficción (anque sen chegar ás teorías ufolóxicas arredor da Arca da Alianza)...

sábado, fevereiro 06, 2016

Graham's Number

Últimamente entereime da existencia do 'número de Graham', unha cifra inimaxinablemente elevada e que foi empregada polo matemático que lle deu nome, Ronald Graham (que alén de bo cos números é un habelencioso malabarista e brincador de trampolín) para calcular o límite superior dun problema de hipercubos con vértices coloreados (azul-vermello).

O número, que para a súa formulación emprega un sistema de notación especial, é tan absurdamente enorme que todo o universo visible non sería quen de conter a súa representación gráfica, ainda que cada díxito ocupase un espazo tan pequeno como a lonxitude de Plank (2.6121 × 10−70 m2). Paradoxalmente, sí coñecemos as súas últimas 500 cifras. A derradeira de todas é 7.

Xa me están tardando so frikis en deseñar unha camiseta con el. Mentres sigo intentando descifrar a súa notación, podedes aprender máis da man do seu creador neste vídeo.




domingo, janeiro 31, 2016

Libros do Mes

The One World Schoolhouse de Salman Khan [E]

Pan Chao de Nancy Lee Swann

*Seven Myths about Education de Daisy Christodoulou [E]

*Archaeologies of the Future de Fredric Jameson

*The New Oxford Annotated Bible with Apocrypha: New Revised Standard Version de VVAA [E]

segunda-feira, janeiro 25, 2016

Mitos educativos

"Os sete mitos que teño identificados son os seguintes:

1) os coñecementos impiden a comprensión
2) a instrucción dirixida polo profesor é pasiva
3) o século XXI cámbiao todo
4) sempre podes consultar a información
5) debemos ensinar destrezas transferibles
6) os proxectos e as habilidades son os mellores xeitos de aprender
7) ensinar coñecementos é adoutrinar

Tomados en conxunto, algúns dirían que estes mitos son exemplos da 'educación progresista'. Eu rexeito esta lapela. En primeiro lugar, non hai nada progresista nos mitos. En segundo lugar, como amoso no capítulo 7, nunca houbo acordo e unanimidade entre os progresistas arredor destas ideas. En terceiro lugar, a palabra 'progresista' implica novidade e orixinalidade, e non hai nada novo nestas ideas, que levan en circulación dende fai décadas, ou ás veces máis. O progreso que estamos a acadar coa descuberta dos xeitos reais a través dos cales aprenden os humanos está, de feito, a refutar estas ideas.

Se tivera que sintetizar nunha palabra ou frase a lóxica intelectual detrás destes mitos, entón preferiría empregar o termo 'formalismo educativo', xa que moitos destes mitos teñen como punto de partida a idea de que a forma é máis importante que o contido. Se tivese que pescudar as bases intelectuais que os fundamentan, entón escollería o posmodernismo, non o progresismo. O posmodernismo é escéptico encol do valor da verdade e do coñecemento, e moitos destes mitos teñen na raíz un escepticismo profundo arredor do valor do coñecemento. É por esta razón que comezo cos mitos 1 (os coñecementos impiden a comprensión) e 2 (a instrucción dirixida polo profesor é pasiva). Poderíase dicir que estes dous son os piares fundamentais de tódolos demais que se descreben no libro. Teñen un longo pedigrí e fornecen a xustificación teórica de moito do que ten lugar nas escolas. Os seguintes dous mitos (que o século XXI mudou todo de xeito fundamental, e que sempre podes consultar a información) son, en esencia, xustificacións modernas do mito 1. O mito 5 (debemos ensinar destrezas) é outra xustificación para non transmitir coñecementos. O mito 6 ten que ver coa pedagoxía: suxire xeitos de organizar a aula que reducen a transmisión do coñecemento; o mito final relaciónase cos aspectos políticos do coñecemento: suxire que a ensinanza de coñecementos é realmente un mero 'lavado de cerebro'. Tomados en conxunto, todos estes mitos danan severamente a educación dos nosos alumnos".

Daisy Christodoulou, Seven Myths about Education

segunda-feira, janeiro 11, 2016

The Three Magi

Unha das cousas para as que a aproveito as vacacións de Nadal é para facer unha pequena reunión cos bos e vellos amigos Javier Rodríguez, Pablo Varela e David Fernández; alén de intercambiar lembranzas, anécdotas e humoradas varias, tamén nos agasallamos libros, co que estos tres se converten nos meus reis magos particulares. Porén, as nosas xuntanzas soen coincidir co Día dos Inocentes, o que tamén da que pensar...

Coincidindo cos seus gustos, carácter e ideas, David, o 'vello bolxevique' engadiu aos meus estantes dous volumes de Mike Davis, un xeógrafo e urbanista marxistón-apocalíptico, que me virán moi ben para a tese; Pablo, o 'nutty professor' e bo coñecedor da banda deseñada, tráeme o célebre cómic arxentino 'El Eternauta'. Javier, o noso literario e clasicista Saulo de Tarso amojamado na estepa castelá, preséntame as reflexións de Stefan Zweig encol de Dostoievski, Balzac e Dickens...




sábado, janeiro 09, 2016

New Year Resolutions

É algo do que estou falando cos alumnos; e no meu caso persoal, alén da consabida promesa de perder algo de peso este ano, propúxenme algo máis innovador, e que en realidade levo facendo silandeiramente dende uns meses atrás: refrescar o meu coñecemento matemático e físico, sendo quen de volver a realizar as operacións que levaba a cabo no bacharelato, e quizaves ir un pouco máis alá; agora teño o interese, a falta de presión e a madurez que me faltaba daquela, e xa que teño un esaxerado (ao ver dalgúns colegas) respecto e veneración polas ciencias 'duras', ben está que me familiarice con elas mellor - e no fondo, estoulle tamén a facer caso ao sermón de C.P. Snow que lín recentemente.

Ferramenta tremendamente útil e didáctica neste proceso foi a Khan Academy, unha estupenda e ben plantexada iniciativa dixital de docencia e axuda para as mates que recomendo, e que me gorentou tanto que boto unha media dun par de horas tódolos días nas súas páxinas; de moito interese son tamén as reflexións en formato libro do seu fundador, Sal Khan.


quinta-feira, dezembro 31, 2015

Libros do Mes

The Last Continent de Terry Pratchett [E]

Libro Blanco sobre la Profesión Docente de José Antonio Marina [E]

The Two Cultures de C.P. Snow [E]

Sir Gawain and the Green Knight de Marie Borroff (ed.) [R]

Traces of the Brush de Louise Boudonnat

*Pan Chao de Nancy Lee Swann

*The New Oxford Annotated Bible with Apocrypha: New Revised Standard Version de VVAA [E]

sexta-feira, dezembro 25, 2015

To Marry or not to Marry (by Charles Darwin)

Marry

Children — (if it Please God) — Constant companion, (& friend in old age) who will feel interested in one, — object to be beloved and played with. — better than a dog anyhow.– Home, & someone to take care of house — Charms of music & female chit-chat. — These things good for one’s health. — but terrible loss of time. —
My God, it is intolerable to think of spending one’s whole life, like a neuter bee, working, working, & nothing after all. — No, no won’t do. — Imagine living all one’s day solitarily in smoky dirty London House. — Only picture to yourself a nice soft wife on a sofa with good fire, & books & music perhaps — Compare this vision with the dingy reality of Grt. Marlbro’ St.

Not Marry
Freedom to go where one liked — choice of Society & little of it. — Conversation of clever men at clubs — Not forced to visit relatives, & to bend in every trifle. — to have the expense & anxiety of children — perhaps quarelling — Loss of time. — cannot read in the Evenings — fatness & idleness — Anxiety & responsibility — less money for books &c — if many children forced to gain one’s bread. — (But then it is very bad for ones health to work too much) Perhaps my wife wont like London; then the sentence is banishment & degradation into indolent, idle fool -

terça-feira, dezembro 22, 2015

Reseñas - The Two Cultures

The Two Cultures

C.P. Snow (introducción de Stefan Collini)

2012, Canto Classics

* * * * (bo)

Unha das primeiras e intersantes chamadas de atención arredor dun problema recurrente e non resolto: o do coñecemento humanístico e científico nas nosas sociedades e o equilibro destes.

Coma un deses fractais que eternamente se descompoñen en versións pequenas de sí mesmos, a problemática arredor da relevancia e posición dos coñecementos humanísticos na sociedade actual conforma un relato de caída libre na que nunca parece que se chegue ao fondo. Con preguizosa rutina chegan titulares de prensa sobre doutores de letras vivindo da caridade pública, universidades xaponesas decididas a pechar as súas facultades de humanidades ou a inminente desaparición da filosofía no bacharelato español. E xunto coas novas, algún enésimo artigo, libro, reflexión ou discurso sobre a crise das humanidades, con posibles solucións (poucas) e defensas destes saberes fronte ao materialismo utilitarista da sociedade actual. O libro que reseñamos hoxe é unha pedra miliaria nestes debates, un título que sempre se cita como polémico punto de partida das non-bodas de Ciencia e Filoloxía.

Antes de ler o discurso de Snow, que xa sabía de boa tinta que fora atacado inmisericordemente por F.R. Leavis e lexións de humanistas posteriores, xa partía por eses mesmos motivos dunha simpatía inicial cara o autor e a súa tese (non pola virtude, tan galega, do autoodio, senón por outras causas das que podemos falar noutra ocasión). A simpatía confirmouse, anque tamén teño que dicir que aspectos da tese de Snow me decepcionaron un pouco.

A respecto desta: a idea principal que desenvolve o autor neste discurso público pronunciado en 1959 é a da fractura na vida intelectual de Occidente entre a cultura e os saberes humanísticos e os científicos, cos conseguintes problemas de comunicación entre os estudosos e de acción moral conxunta. Mais detrás desta tese xeral agóchanse outras máis partisanas entretecidas con esta: o rexeitamento do sistema educativo inglés, demasiado centrado para Snow nas Humanidades (para a élite) e na separación temperá de disciplinas; a arrogancia neoludita e pesimista dos 'intelectuais de letras', que desprezan a modernidade, o progreso e a acción moral e adoptan políticas inmorais (Pound, Eliot, D.H. Lawrence); e a necesidade de tender pontes entre os dous saberes (co exemplo notorio do descoñecemento, por parte da xente 'culta' de letras de principios básicos da ciencia como a Segunda Lei da Termodinámica).

Como dicía antes, en boa medida tópome dacordo coas ideas de Snow, anque sen dúbida algunhas envelleceron non pouco co paso dos anos. A súa confianza inxenua en que a labor científica, de por sí, crea persoas máis 'socialmente conscientes' do que a labor humanística topaba xa un desmentido xenial na 'Vida de Galileo' do seu contemporáneo Bertold Brecht; do mesmo xeito, a reducción dos campos de saber aos dous polos de cultura humanística vs. científica é moi simplista, anque podería aceptarse como válida tendo en conta que representan os dous polos estremos nun campo de coordenadas cartesián do Saber Humano; neste campo, o estremo esquerdo representaría as disciplinas máis accesibles ao método científico e á producción de verdades 'epistemolóxicas' e o estremo dereito a aquelas disciplinas que, sen caer por iso nun 'todo vale', son irreducibles de momento a leis universais e necesarias con experimentación recurrentes. No medio e entre os dous estremos toparíamos un amplo espazo para múltiples matices, proximidades e diferenzas.

O longo prólogo de Collini é tamén digno de encomio á hora de contextualizar as ideas e o debate arredor das 'Dúas Culturas', anque non quixera deixar de comentar que a súa deformación profesional (é humanista á fín e ao cabo) lévalle a soltar, á hora de criticar os esencialismos diferenciadores de Snow, a eterna, cansina e falsa cantinela postmoderna arredor dos 'cambios' no eido científico nas últimas décadas que terían relativizado o carácter verdadeiro e incuestionable do saber científico 'forte': sempre as mismas citas a Feyerabend e Kuhn (coma se estes representasen a opinión maioritaria no eido da Filosofía da Ciencia, ou como se algún científico se tomase en serio o que dín), as mesmas imcomprensións mal dixeridas da relatividade, a indeterminación, etc...

quinta-feira, dezembro 10, 2015

The Outes Tea Party

Doctor Johnson came to tea today...





domingo, dezembro 06, 2015

Historias de la frivolidad (2)

Unha das reseñas 'borderline' que fixera para a prensa era do libro que sacara o actual presidente da Real Academia, Xesús Alonso Montero, no que compilaba Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948). Porén, e nesta ocasión, o recorte da versión orixinal foi tan sutil que nen sequera lembro qué foi o que ficou fora, e déixovos como un pequeno exercicio o de cotexar a versión que penduro eiquí coa publicada e topar a diferencia...


Voce na neboa: Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948)

Coma un  remol afortunado do Ano da Memoria sae á luz este libro-documento de Xesús Alonso Montero que recolle 120 cartas de presos republicanos galegos escritas despois de escoitaren as súas condenas á morte polo réxime feixista. Concibidas en boa medida como derradeiras verbas, son un feixe de auténticas voces na néboa que parecen falar xa dende a ultratumba á que os condenaba o retrouso vingativo dos fusís, e como tal son un testemuño que o lector non pode deixar de contemplar con horror. Walter Benjamin xa apuntaba a que os tesouros culturais eran non só documentos de cultura, senón tamén, e ao mesmo tempo, testemuños de barbarie. A verdade desta afirmación confírmase á inversa nestas cartas republicanas, onde o espírito humano ameazado coa extinción da lapa é quen de encaixar en letras de molde as inquedanzas, os sentimentos, o amor, as dores e a inmensa dignidade humana daqueles homes e mulleres que adicaron as súas vidas e as súas mortes a asaltar os ceos e á loita por un futuro mellor.
É alén a saída deste retábulo textual dos horrores da represión é un deber longamente retrasado na nosa terra, e que retrotrae a súa culpábel ausencia á victoria de Atila en Galiza dende os primeiros días da contenda. O estereotipo e o prexuízo, denunciado por Castelao, xa censuraba e aldraxaba aos galegos no propio período da Guerra Civil como aqueles que non se resistiran ao golpe de estado, facéndolle notoria inxustiza aos numerosos exiliados, executados e resistentes galegos xa dende o primeiro momento. Esta recompilación nega  os preconceitos, enche un baleiro na forma dos pequenos e variados dramas privados de persoas de tódalas ideoloxías e sensibilidades.
Entre a variedade de cartas e de tons topamos tódolos rexistros, que van dende a aceptación resignada e cristián da inxustiza (Darío Álvarez Limeses: “Soy dichoso. Van a terminar mis penas. Tened resignación y valor. Dios me llama. Os espero en el cielo”), á rebelión e chamada contra o non-esquecemento e o non-perdón (Manuel del Río Pampín: “No admitas pésames de los que me traicionaron de derechas y de izquierdas”); dende a liña militante de resistencia e de partido (Segundo Vilaboy Fernández: “¡Viva el gran partido Comunista! ¡Viva la República!”) á liña íntima e sufrinte cara nai, muller e fillos que fican, sufrintes, nun contexto hostil (José Germán Fernández: “Perdóneme este disgusto que le causo y que le sirva de consuelo saber que muero asesinado, sin el remordimiento de haber cometido ninguna acción mala”). Mais de toda a escolma consideramos apropiado e representativo ilustrar ao lector cun anaco algo máis extenso da carta de Manuel Estévez Gómez á súa familia; escollemos as verbas deste albanel do PSOE pola súa sensibilidade humana, o feito de que o seu retrato (feito en prisión polo tamén asasinado Camilo Díaz Baliño) vai na portada do volume e polo carácter representativo do conxunto:

“Queridos hijos:

En estos momentos que la justicia histórica me condena a la pena de Muerte, quiero dejaros estas cuatro letras como triste recuerdo de mi vida.
A ti especialmente, Emilia, que eres la mayor, que ya te vas dando cuenta de la vida, sabes porque me matan todos esos canallas que se llaman representantes de la justicia. Pues te diré que me matan por ser bueno, por querer que vosotros no padezcáis hambre y no andéis descalzos; en una palabra, por defender un gobierno que estaba constituído”.  

     

segunda-feira, novembro 30, 2015

Libros do Mes (busy, busy, busy...)

Outro mes algo frouxo en número de lecturas - preparar ben as clases de dous grupos impares da EOI e os seus correspondentes exames chuchou moito de mín estes días atrás, ao que hai que engadirlle todo o trafego do grupo de postcrossing e o seu correspondente blog, que podedes consultar eiquí. É traballo que se fai con gusto, pero quita tempo. A isto habería que engadirlle o meu interese por desenpoar vellos coñecementos matemáticos vía a Khan Academy, que polo nome máis parece un MMORP de Star Trek con base Klingon...

Philosophy: 100 Essential Thinkers de Philip Stokes [E]

Calila e Dimna de Cacho Blecua / Lacarra (eds.)

*The Last Continent de Terry Pratchett [E]

*Traces of the Brush de Louise Boudonnat

*Matemática Básica Moderna y Geometría de VVAA

segunda-feira, novembro 23, 2015

quarta-feira, novembro 11, 2015

La garza, las truchas y el cangrejo

Dixo el lobo çerval: dizen que era una garça, et avía fecho su nido en una ribera muy viçiosa do avía muchas truchas. et envegeçió et non podía pescar, et ovo fambre, et trabajóse de engañar a aquellas truchas et aquel pescado, et demostró muy grant tristeza et cuidado. Et viola un cangrejo de alueñe, vinose para ella e dixole -¿qué as, que estás triste et cuidosa?
Dixo ella: - Más mal que bien. Yo solía bevir de las truchas, et acaesçió oy que vi dos pescadores venir a este nuestro lugar, et dixo el uno al otro: «¿Por qué non echamos alguna vez la red aquestas truchas que son en aqueste lugar?»
Dixo el otro: - Mas vayamos a un lugar que yo sé, do ay muchas truchas, et començemos y, et desí vengamos acá et abarrerlas hemos.
Et yo sé que si ellos oviesen ya acabado de pescar aquellas a que fueron, que ya tornados serían, et non fincaría aquí ninguna que las non pesque; et en esto es mi muerte, e mi desfalleçimiento.
Et fuese el cangrejo a todas las truchas et pescados, e fízogelo saber; et viniéronse todas para ella, et dixiéronle: -Venimos nós; para ti que nos consejes, ca el omne entendido non dexa de consejar con su enemigo seyendo de buen consejo, en las cosas que se puede dél ayudar. Et en bevir nós, as tú pro, et bien puedes consejarnos.
Díxoles: - Nós non le podemos contrastar; mas yo sé un lugar de un piélago muy grande, do ha mucha agua et mucho bien. Et, si vos quisierdes, vayámosnos allá, ca en esto vos yace pro et salud.
Dixieron ellas: ¿Et quién nos fará este bien si non tú?
Dixo ella: «Fazerlo he a honra de vos.»
Començó a levar dellas dos a dos cada día, e levávalas a una ribera e comíalas. Et vínose a ella el cangrejo, et díxole: -Yo miedo he en este lugar, et si tú me levares farías bien.
Llevólo fasta que llegó al lugar do las comía, et vido el cangrejo las espinas de las truchas ayuntadas. Entendió que ella las comía et que otro tal quería fazer a él, et dixo en su coraçón: -Quando el omne se falla con su enemigo en los lugares do sabe que lo matará, deve lidiar con él por honra o por guarda de sí, querer vencer o non; et non sele omille nin se le meta en poder.
Et travó con sus tenazas al cuello de la garça, et apretóla tanto que la mató. Desí tornóse el cangrejo a las truchas, et díxoles las nuevas de la garça et de las truchas que levava cada día et las comía, et que la avía muerta, et moráronse en su lugar.

sábado, outubro 31, 2015

Libros do Mes - unfinished business

[un mes algo frouxo o deste ano no eido das lecturas, imaxino que porque estiven algo liado preparando cousas para clase e dispersándome ao mesmo tempo en demasiados libros á vez..]

The Iliad de Homer / Ennis Rees (tr.) [E]

*Archaeologies of the Future de Fredric Jameson

*Philosophy: 100 Essential Thinkers de Philip Stokes [E]

*Calila e Dimna de Cacho Blecua / Lacarra (ed.)

sábado, outubro 24, 2015

Historias de la Frivolidad

Tal é o título dun programa especial da televisión española do ano 1967 e realizado por Narciso Ibáñez Serrador co gallo de 'tentar  limpar' a pésima imaxe exterior que o réxime franquista proxectaba naquelas datas. Porén a película (que no comezo ía chamarse 'Historias de la censura') resultou ser demasiado atrevida para os censores da TVE, que alén de mudarlle nome, conseguiron que se proxectara tan só ás tantas da madrugada e logo da emisión do himno nacional que preludiaba a fin de emisión.


Collo emprestada a obra e o sketch que vos amosei como escusa para latricar un chisco sobre a 'outra censura' que, máis sutil e insidiosa, topamos tamén nas nosas sociedades democráticas. É que dentro da miña experiencia xornalística, houbo veces que me topei con ela non só nas súas variantes interiorizadas, senón nas externas, tendo que facer modificacións de textos ou incluso velos rexeitados para a publicación.

Porén, tampouco sería honesto presentar estes sucesos no seo dunha narrativa de branco-negro, co heroico escritor enfrontándose ao malvado sistema opresor. Así, cando traballamos para un medio informativo, non podemos alegar descoñecemento da liña editorial (e polo tanto, ideolóxica) do tal medio, ou das súas dependencias económicas que determinan o que se pode e debe dicir dende as súas páxinas. Ao aceptar traballar na radio/televisión/xornal de turno, asinamos implícitamente un pacto mefistofélico de tinta, que non de sangue, e as boas palabras e idealismos arredor da liberdade de expresión e o dereito á información fican arrombadas cos trastos vellos dun faiado metafórico.

Mais voltando á miña experiencia persoal, o caso é que as sorpresas para mín viñeron máis do que me permitiron colar pola porta traseira que daquelas ocasións nas que pairou sobre min o gume da tesoira. Como mostra, podedes reler o derradeiro parágrafo da miña reseña publicada da obra completa de Lois Pereiro, con dardos envelenados explícitos e, non por verdadeiros menos evidentes, ás políticas lingüicidas da Xunta.

En futuras 'historias da frivolidade' habemos falar dalgúns destes episodios, e de como o Mantedor conseguiu eludir, ou non os esforzos da olladela panóptica. E cando caeron os veos de chumbo, habemos rescatar e anotar brevemente as escritas proibidas.

sábado, outubro 17, 2015

Vestidos de Bronce

Relendo estes días a Ilíada de Homero, e antollándoseme unha guía visual para a imaxinación que me permitise dibuxar na mente o aspecto dos guerreiros da Idade de Bronce, topei con esta estupenda páxina, obra de Andrea Salimbeti e Stephanie Gröner inzada de bos dibuxos, fotos de restos arqueolóxicos, estudos e recreacións de armaduras, cascos, armas, escudos, carros e naves. Recoméndovos encarecidamente navegar por ela e topar a pictorialización do Escudo de Aquiles, o lugar da nacemento da ἔκφρασις.

























sábado, outubro 10, 2015

Sir Terry - to read or not to read? (II)

Comezaba este parladoiro o mes pasado falando das virtudes literarias -ou a ausencia destas- na obra do finado Terry Pratchett, aguilloado polas ásperas verbas de Jonathan Jones. O certo é que poucos días despois da súa diatriba, e no medio dunha desas tormentas nunha taza de té tan típicas das redes virtais, o crítico retrucou cun novo artigo, que non podemos describir como unha retractación malia que antes de redactalo decidise por fín ler unha novela enteira (concretamente, Small Gods) do autor que critica.

Novamente, podo empatizar coas teses que defende no artigo (algo máis agora que amosa unha atitude menos épatant) e que resumidamente serían as seguintes:
-a escrita de Pratchett non é carente de virtudes, entre as que se citan o inxenio e a agudeza, anque máis na liña do humor de Wilde que dos conceptos de Gracián.
-a relevancia temática vese recoñecida (nesta novela, a crítica racionalista ao fanatismo relixioso), anque posta nunha comparación fronte á que desmerece cando pensamos na valentía dun Salman Rushdie enfrentado a fundamentalistas de verdade que o condearon a morte, e non só a espectros de ficción.
-o gran emprego do humor, convertido en 'chascarrillos' que se suceden, divertidos por sí sós mais que logo producen certa saturación lectora, vai unido a un emprego coloquial, sinxelo e pouco artístico da linguaxe, xunto cunha caracterízación dos personaxes que a Jones lle resulta maniquea e simplista. 
-fronte a isto, temos un exemplum á inversa nas novelas de Philip Roth, que o crítico idolatra e que presentarían un emprego literario da linguaxe e unha maior sensibilidade cara a psicoloxía humana e o bizarro fluxo da realidade e do mundo real "en toda a súa impredicibilidade, comedia salvaxe, desexo, monstruosidade, excitación e miseria".

No seu remate, Jonathan Jones ábrenos as augas, coma novo Moisés, para que contemplemos novamente, anque cunha atitude máis tolerante, a fenda entre dúas correntes existentes da escrita: a do entretemento (non censurable por sí, agás cando prentende venderse como outra cousa) e a da literatura; a da distracción e a da arte. Deus recoñecerá aos seus.

Por suposto, o discurso de Jones é un locus communis arredor de ideas do estético, do literario e do valioso que leva a debatirse dende o advento da modernidade, e que ten motivado ríos de tinta e reflexións moito máis sisudas das que eu puidese aportar (e menos, nun espazo limitado). Antes de aprazar (máis unha vez) opinións persoais sobre esta polémica e os méritos, deméritos e usos de Pratchett, permitídeme apuntar á teoría do Campo Literario, de Pierre Bourdieu como unha das elaboracións intelectuais máis satisfactorias, malia defectos, no eido de analizar as confrontacións capital cultural-económico, audiencia de masas e audiencia restrinxida (ou ausente), burguesa ou intelectual, alto ou baixo nivel de consagración... Amais de nos seus estupendos libros, un resumo podedes topalo neste excelente cadro. Reducindo un chisco o tosco determinismo sociolóxico que por veces atenaza ao francés, a súa ollada resulta moi instructiva para percibir sobretodo as dúas grandes contradiccións, ou polos, arredor dos que se ve empurrado o escritor (e o lector): dunha banda unha escrita máis integrada (xa sexa na vertente 'popular', asociada ao entretemento ou na burguesa-académica) e doutra, unha máis apocalíptica (xa sexa na súa variante bohemia ou nas grandes figuras  e movementos formalistas, experimentais e vangardistas).